1
00:00:02,000 --> 00:00:07,000
Downloaded from
YTS.MX

2
00:00:08,000 --> 00:00:13,000
Official YIFY movies site:
YTS.MX

3
00:00:32,741 --> 00:00:37,162
- Perdón por tardar. É polo traballo.
- Viñeches, que é o que importa.

4
00:00:37,162 --> 00:00:39,914
Teño fame.
Oxalá o sitio sexa tan bo como din.

5
00:00:39,914 --> 00:00:40,832
Grazas.

6
00:00:40,832 --> 00:00:43,293
Señor, señora. Por aquí, por favor.

7
00:00:45,378 --> 00:00:47,130
Viches que estamos sós aquí?

8
00:00:47,130 --> 00:00:48,923
Chegariamos os primeiros.

9
00:00:57,140 --> 00:00:58,516
RJ, que é isto?

10
00:01:17,410 --> 00:01:20,497
Emma Rose Winslow, o amor da miña vida,

11
00:01:21,915 --> 00:01:23,124
queres casar comigo?

12
00:01:26,836 --> 00:01:27,879
Estás seguro?

13
00:01:28,463 --> 00:01:31,716
Sabía que estabamos feitos
un para o outro desde que te vin.

14
00:01:32,592 --> 00:01:33,510
Así que si.

15
00:01:33,510 --> 00:01:37,388
Isto é... Isto é incrible.

16
00:01:38,515 --> 00:01:39,641
Iso é un si?

17
00:01:40,433 --> 00:01:41,392
- Si.
- Si?

18
00:01:41,976 --> 00:01:42,811
Si!

19
00:01:43,645 --> 00:01:44,854
Parabéns.

20
00:01:50,902 --> 00:01:51,861
Saúde.

21
00:01:51,861 --> 00:01:52,904
Espera.

22
00:01:53,488 --> 00:01:54,364
Que foi?

23
00:01:54,364 --> 00:01:55,657
Miña nai.

24
00:01:56,366 --> 00:01:58,743
Deus, como llo vou dicir a miña nai?

25
00:01:58,743 --> 00:02:00,620
Non debía haber problema.

26
00:02:00,620 --> 00:02:02,622
Xa sabe que somos mozos, non?

27
00:02:05,333 --> 00:02:07,794
Entón, será moi difícil dicirllo?

28
00:02:08,795 --> 00:02:10,922
<i>Que? En serio?</i>

29
00:02:11,464 --> 00:02:14,259
Non, non! De ningunha maneira!

30
00:02:14,884 --> 00:02:17,720
Collo a investigación,
os datos e o meu equipo

31
00:02:17,720 --> 00:02:20,723
e imos a Jonhs Hopkins.
Non imos a Jonhs Hopkins.

32
00:02:21,599 --> 00:02:23,143
Non vou de farol.

33
00:02:23,643 --> 00:02:24,644
Si vou de farol.

34
00:02:25,228 --> 00:02:28,273
A nosa investigación xenética
cambiou a comprensión

35
00:02:28,273 --> 00:02:31,067
dos mecanismos carcinoxénicos,
non llo parece?

36
00:02:33,027 --> 00:02:35,071
Para! Non, ti non.

37
00:02:35,071 --> 00:02:37,073
Menos calor. Debaixo da campá.

38
00:02:38,074 --> 00:02:41,202
Quero dicir que non só facemos
investigación punteira,

39
00:02:41,202 --> 00:02:43,830
pois as aplicacións médicas
xa salvan vidas.

40
00:02:45,248 --> 00:02:46,207
Ben.

41
00:02:46,207 --> 00:02:49,252
Alégrome de que volvamos concordar.
Cóidese.

42
00:02:49,252 --> 00:02:52,255
Temos financiamento para outro ano.

43
00:02:55,466 --> 00:02:58,511
Que ninguén me traia
máis problemas esta semana.

44
00:02:58,511 --> 00:02:59,971
Grazas, Dra. Winslow.

45
00:02:59,971 --> 00:03:01,389
- Emmie?
- Ola, mamá.

46
00:03:01,389 --> 00:03:03,600
Pensei que volvías mañá.

47
00:03:03,600 --> 00:03:06,436
Para darche unha sorpresa
volvín un día antes.

48
00:03:07,312 --> 00:03:08,563
Porque...

49
00:03:08,563 --> 00:03:09,689
Por que?

50
00:03:10,982 --> 00:03:12,525
Porque te botaba en falta.

51
00:03:12,525 --> 00:03:15,778
Cariño, boteite
moito en falta, miña michiña Emmie.

52
00:03:15,778 --> 00:03:19,157
- Mamá, non me chames iso.
- Sempre serás a miña michiña.

53
00:03:19,157 --> 00:03:21,701
Levamos a cea e pómonos ao día na casa.

54
00:03:21,701 --> 00:03:23,328
- Si, perfecto.
- Vale.

55
00:03:24,204 --> 00:03:26,789
Xúroche que este ano se me fixo moi longo.

56
00:03:27,290 --> 00:03:31,669
Case perdemos o financiamento
do laboratorio, a miña nena en Londres,

57
00:03:31,669 --> 00:03:34,422
facendo prácticas en Discovery Channel.

58
00:03:34,422 --> 00:03:37,050
- Discovery Resorts.
- Que dixen eu?

59
00:03:37,050 --> 00:03:38,051
Algo parecido.

60
00:03:38,593 --> 00:03:41,930
Mamá, teño unha nova moi importante.

61
00:03:42,513 --> 00:03:44,724
Ofrecéronche un traballo en Londres?

62
00:03:44,724 --> 00:03:47,602
- Non me ofreceron un traballo.
- Menos mal.

63
00:03:48,228 --> 00:03:51,314
Estaría moi ben que cho ofrecesen,

64
00:03:51,314 --> 00:03:54,901
pero a verdade é que non sei
que faría se foses vivir alá.

65
00:03:54,901 --> 00:03:56,778
A casa está baleira sen ti.

66
00:03:58,529 --> 00:04:00,823
Agora que estás de volta, quen sabe,

67
00:04:00,823 --> 00:04:03,368
igual fas un curso de posgraduado.

68
00:04:03,368 --> 00:04:05,745
Diso che quería falar eu.

69
00:04:05,745 --> 00:04:09,082
Non buscarei traballo
nin farei estudos de posgraduado.

70
00:04:09,082 --> 00:04:10,667
Vou montar o meu negocio.

71
00:04:10,667 --> 00:04:12,001
O teu propio negocio?

72
00:04:12,001 --> 00:04:14,879
Lembras o Instagram
de estilismo que abrín?

73
00:04:14,879 --> 00:04:17,674
- Si.
- Non fixen moito con el na universidade.

74
00:04:17,674 --> 00:04:20,385
Coñecín un consultor
que me axudou a refacelo.

75
00:04:20,385 --> 00:04:21,427
Faleiche del.

76
00:04:21,427 --> 00:04:23,096
O que traballa co pai?

77
00:04:23,096 --> 00:04:25,056
- RJ.
- Iso, RJ.

78
00:04:25,056 --> 00:04:28,351
Díxome que llelo ofrecese
aos de márketing de Discovery

79
00:04:28,351 --> 00:04:32,146
para promocionar destinos
turísticos de alta gama e fíxeno.

80
00:04:32,146 --> 00:04:35,275
E ofrecéronme
financiamento de seis cifras.

81
00:04:35,275 --> 00:04:36,651
Parece incrible, non?

82
00:04:36,651 --> 00:04:38,653
Ese é o teu novo traballo, logo?

83
00:04:38,653 --> 00:04:40,655
Representante desa empresa?

84
00:04:40,655 --> 00:04:42,949
Xa sei que non é un posgraduado,

85
00:04:42,949 --> 00:04:45,785
pero é o que quero facer coa miña vida.

86
00:04:45,785 --> 00:04:47,495
Emma, é un plan incrible.

87
00:04:48,079 --> 00:04:48,955
Dilo en serio?

88
00:04:48,955 --> 00:04:52,166
En serio. E podes traballar desde a casa.

89
00:04:53,084 --> 00:04:55,211
Traballar na casa non funcionará.

90
00:04:55,211 --> 00:04:58,131
Si tal. É o que fai
agora a xente da túa idade.

91
00:04:58,131 --> 00:05:01,092
Farémosche unha oficina
no cuarto de convidados.

92
00:05:01,092 --> 00:05:03,386
As persianas dese cuarto están rotas.

93
00:05:03,386 --> 00:05:06,347
- Rotas non, é só a cinta...
- Mamá.

94
00:05:07,348 --> 00:05:09,475
- Que é iso?
- Un anel de prometida.

95
00:05:10,059 --> 00:05:11,728
Por que o tes?

96
00:05:11,728 --> 00:05:15,064
Porque... vou casar.

97
00:05:15,732 --> 00:05:16,983
Vas casar?

98
00:05:16,983 --> 00:05:18,985
- Con quen?
- Con RJ.

99
00:05:19,777 --> 00:05:21,195
Non vas tal.

100
00:05:21,195 --> 00:05:24,365
Porque, se estiveses prometida,
eu, túa nai,

101
00:05:24,365 --> 00:05:25,825
saberíao.

102
00:05:25,825 --> 00:05:27,368
É cousa de hai uns días

103
00:05:27,368 --> 00:05:31,539
e queríacho contar en persoa e...

104
00:05:31,539 --> 00:05:32,707
E que?

105
00:05:32,707 --> 00:05:35,043
E non quería que me xulgases

106
00:05:35,043 --> 00:05:37,253
antes de tomar eu a decisión.

107
00:05:37,253 --> 00:05:40,757
Iso non é xusto. Eu non xulgo as persoas.

108
00:05:41,758 --> 00:05:45,261
Seguro que me caería ben
ese que ten unha sigla por nome

109
00:05:45,261 --> 00:05:47,347
se me contases algo del.

110
00:05:47,347 --> 00:05:50,058
É o que quería facer desde que cheguei.

111
00:05:50,058 --> 00:05:53,728
Admito que é todo moi repentino.

112
00:05:53,728 --> 00:05:56,773
Pero, cando estás segura, pois falo.

113
00:05:57,398 --> 00:06:00,109
RJ e eu estamos feitos un para o outro.

114
00:06:00,109 --> 00:06:02,362
Non podo imaxinar vivir sen el.

115
00:06:04,572 --> 00:06:07,033
Se ti es feliz, eu tamén.

116
00:06:07,784 --> 00:06:09,827
Entón, por que vas chorar?

117
00:06:10,370 --> 00:06:14,123
Non vou chorar.
Xa escollestes a data, entón?

118
00:06:14,707 --> 00:06:17,126
- A voda é o mes que vén.
- O mes que vén?

119
00:06:17,126 --> 00:06:18,961
Espera, non o dis...

120
00:06:20,213 --> 00:06:21,255
Mamá!

121
00:06:21,255 --> 00:06:24,675
Em, quero dicir, que présa tes?

122
00:06:24,675 --> 00:06:28,304
Non é présa, é unha oportunidade.

123
00:06:28,304 --> 00:06:31,057
Discovery paga toda a voda

124
00:06:31,057 --> 00:06:34,477
no complexo hoteleiro Anantara
en Phuket, Tailandia.

125
00:06:34,477 --> 00:06:38,064
E doaranlle á miña
organización benéfica, o Ocean Institute.

126
00:06:38,064 --> 00:06:42,443
Organizar a túa voda é algo
que pensaba que fariamos xuntas.

127
00:06:42,443 --> 00:06:45,238
Podemos facelo.
Mañá toca a lista de invitados.

128
00:06:45,238 --> 00:06:47,698
- Ten que ser pequena.
- E a tía Janice?

129
00:06:47,698 --> 00:06:51,702
Janice pode vir.
Sempre que ti e mais ela vos portedes ben.

130
00:06:51,702 --> 00:06:53,162
Eu prometo que si.

131
00:06:53,162 --> 00:06:55,373
- Estamos listas, logo?
- Estamos.

132
00:06:56,249 --> 00:06:57,083
Oe.

133
00:07:00,002 --> 00:07:01,254
Se estivese papá,

134
00:07:02,505 --> 00:07:07,385
diríache que RJ
é moi afortunado por casar contigo.

135
00:07:08,302 --> 00:07:10,972
Quen me dera... pois...

136
00:07:11,472 --> 00:07:13,349
Si, a min tamén.

137
00:07:17,353 --> 00:07:20,314
Entón, iremos a Phuket.

138
00:08:11,115 --> 00:08:12,033
Tía Janice!

139
00:08:13,618 --> 00:08:16,913
Ola! Que tal está a futura noiva!

140
00:08:16,913 --> 00:08:18,456
Que tal ti?

141
00:08:19,540 --> 00:08:20,958
Unha futura avoa!

142
00:08:20,958 --> 00:08:22,168
- Amodo!
- Si.

143
00:08:22,168 --> 00:08:23,669
Nai da noiva chega ben.

144
00:08:23,669 --> 00:08:26,088
- Ti debes ser Emma Winslow.
- Si, son.

145
00:08:26,088 --> 00:08:27,340
E vostede é...

146
00:08:27,340 --> 00:08:30,343
Harley Ray, para servila.
Lévolles as maletas.

147
00:08:30,927 --> 00:08:34,388
Nena, escolliches
o sitio perfecto para unha voda.

148
00:08:34,388 --> 00:08:36,724
Si, non hai sitio coma el.

149
00:08:36,724 --> 00:08:40,311
Eu vin de vacacións
hai 32 anos e non marchei máis.

150
00:08:41,020 --> 00:08:42,230
Levo isto ao cuarto.

151
00:08:43,022 --> 00:08:44,273
Gústame o que vexo.

152
00:08:44,273 --> 00:08:47,151
Intenta comportarte
de acordo coa túa idade.

153
00:08:47,151 --> 00:08:49,487
Nunca montei nunha Harley.

154
00:08:49,487 --> 00:08:50,404
Vale.

155
00:08:51,614 --> 00:08:52,490
Em!

156
00:08:54,867 --> 00:08:55,868
Em!

157
00:08:56,494 --> 00:08:57,578
RJ!

158
00:09:01,082 --> 00:09:01,958
Ola.

159
00:09:04,752 --> 00:09:07,838
RJ, esta é a miña tía Janice.

160
00:09:07,838 --> 00:09:10,299
- Ola.
- E esta é miña nai.

161
00:09:10,883 --> 00:09:14,637
Encantado de coñecela
en persoa por fin, Dra. Winslow.

162
00:09:14,637 --> 00:09:18,307
Son Lana e xa pasamos
a fase de chocar as mans, non?

163
00:09:18,307 --> 00:09:19,642
Si.

164
00:09:23,521 --> 00:09:25,648
Que saibas que quero a túa filla

165
00:09:25,648 --> 00:09:27,483
máis do humanamente posible.

166
00:09:27,483 --> 00:09:30,194
Prometo coidala sempre.

167
00:09:30,778 --> 00:09:32,905
Mellor che será. Se non, xa verás.

168
00:09:32,905 --> 00:09:34,865
- Aquí o está.
- Ola, son Scott.

169
00:09:34,865 --> 00:09:35,908
Este é...

170
00:09:35,908 --> 00:09:37,618
Scott Jackson?

171
00:09:37,618 --> 00:09:38,744
Es ti de verdade?

172
00:09:38,744 --> 00:09:39,787
Lana?

173
00:09:39,787 --> 00:09:41,998
Deus, alégrome de verte!

174
00:09:42,790 --> 00:09:45,751
- E eu, que?
- Deus! Janice Bowen!

175
00:09:45,751 --> 00:09:46,961
Manda truco!

176
00:09:46,961 --> 00:09:50,047
Isto é incrible.

177
00:09:50,047 --> 00:09:51,924
Clay, ti tamén estás aquí?

178
00:09:51,924 --> 00:09:52,842
Que?

179
00:09:54,051 --> 00:09:56,512
Si. Scotty e eu casamos hai un ano.

180
00:09:56,512 --> 00:09:58,514
Veña, vide aquí.

181
00:09:59,098 --> 00:10:00,558
Coñecédesvos todos?

182
00:10:00,558 --> 00:10:03,019
- Si, fomos xuntos a Stanford.
- Si.

183
00:10:03,019 --> 00:10:05,605
- Podiamos contar cousas.
- Pero non o faremos.

184
00:10:06,272 --> 00:10:07,940
E como coñecedes a RJ?

185
00:10:08,524 --> 00:10:09,650
É meu sobriño.

186
00:10:10,735 --> 00:10:13,362
- O fillo de Will.
- O fillo de Will Jackson?

187
00:10:13,362 --> 00:10:14,322
Si

188
00:10:14,322 --> 00:10:16,532
Teu irmán, Will Jackson, e a miña...

189
00:10:18,159 --> 00:10:19,493
Ah, non.

190
00:10:20,077 --> 00:10:22,705
Parece que está aquí a cuadrilla enteira.

191
00:10:23,289 --> 00:10:24,999
E vostede debe ser a nai de...

192
00:10:25,875 --> 00:10:28,461
Deus! Lana?

193
00:10:29,045 --> 00:10:30,713
Entón, coñecédesvos?

194
00:10:30,713 --> 00:10:32,840
- Si. A ver...
- Pois...

195
00:10:32,840 --> 00:10:34,675
Si, coñecémonos.

196
00:10:34,675 --> 00:10:36,844
- Un pouco.
- Ola.

197
00:10:36,844 --> 00:10:38,512
Ala!

198
00:10:38,512 --> 00:10:39,722
Quero dicir, "ola",

199
00:10:39,722 --> 00:10:43,851
relacionado con "hola"
e co alemán "hallo".

200
00:10:44,935 --> 00:10:47,855
Espera un momento.
Entón, ti es a nai de Emma?

201
00:10:48,814 --> 00:10:50,900
Pode alguén explicar que pasa?

202
00:10:50,900 --> 00:10:55,905
Teu pai e a nai de Emma
foron mozos na universidade.

203
00:10:55,905 --> 00:10:57,198
- Que?
- Será broma.

204
00:10:57,198 --> 00:10:59,283
A ver, non foi nada serio.

205
00:11:00,201 --> 00:11:01,202
En serio?

206
00:11:02,036 --> 00:11:03,913
Que pasou entre vós os dous?

207
00:11:03,913 --> 00:11:06,749
Xa sabedes como son
os amoríos na universidade.

208
00:11:06,749 --> 00:11:08,167
A cousa non funcionou.

209
00:11:08,167 --> 00:11:10,961
- E foi mellor así.
- Alégrame oírche iso.

210
00:11:10,961 --> 00:11:12,088
Si, é verdade.

211
00:11:13,130 --> 00:11:13,964
Ben, vale.

212
00:11:14,674 --> 00:11:17,927
Quedamos esta noite os catro
para coñecernos?

213
00:11:17,927 --> 00:11:20,054
Ou volver coñecernos, neste caso.

214
00:11:20,054 --> 00:11:24,725
Vale, pero se RJ é medio irmán meu,
entón cancelamos a voda.

215
00:11:32,358 --> 00:11:33,526
De acordo, ceamos.

216
00:11:33,526 --> 00:11:37,738
Se eles van cear, nós podemos
pórnos ao día con tequila Don Julio.

217
00:11:37,738 --> 00:11:39,907
Os latinos son a miña debilidade.

218
00:11:39,907 --> 00:11:41,033
E a miña.

219
00:11:41,659 --> 00:11:43,369
- Parece ser a de todos.
- Si.

220
00:11:43,369 --> 00:11:46,580
- Agora vamos aos cuartos.
- Boa idea. Vós primeiro.

221
00:11:46,580 --> 00:11:47,832
Veña.

222
00:11:47,832 --> 00:11:51,127
- Cóllocho eu.
- Non, xa o collín eu.

223
00:11:52,086 --> 00:11:53,504
Ala!

224
00:11:53,504 --> 00:11:54,463
Ei!

225
00:11:56,966 --> 00:11:58,008
Deus!

226
00:11:58,008 --> 00:12:00,094
- Agarrade a miña man.
- Vinde.

227
00:12:00,678 --> 00:12:02,847
Non son marabillosas as vodas?

228
00:12:03,597 --> 00:12:05,808
PRAIA, APARTAMENTOS
CANCHAS, RECEPCIÓN, SPA

229
00:12:05,808 --> 00:12:09,854
Entre todos os homes do mundo,

230
00:12:09,854 --> 00:12:12,189
a miña filla namórase do fillo do home

231
00:12:12,189 --> 00:12:14,900
que me rompeu o corazón
e o esmagou cos pés.

232
00:12:14,900 --> 00:12:16,485
A iso chámanlle destino.

233
00:12:16,485 --> 00:12:18,487
Destino? Polo nabo.

234
00:12:18,487 --> 00:12:21,741
Falando de nabos, Will está moi guapo.

235
00:12:22,616 --> 00:12:23,617
Non me decatara.

236
00:12:23,617 --> 00:12:24,869
Non te decataras?

237
00:12:24,869 --> 00:12:27,288
Lana consérvase ben. Está fantástica.

238
00:12:27,288 --> 00:12:29,373
Non me tirou á piscina adrede.

239
00:12:29,373 --> 00:12:30,624
Non sería raro.

240
00:12:31,834 --> 00:12:33,878
Hai toallas alí?

241
00:12:33,878 --> 00:12:36,839
- Non vexo ningunha.
- Esqueceríalle ao servizo.

242
00:12:37,423 --> 00:12:39,258
- Vouchas buscar eu.
- Grazas.

243
00:12:39,759 --> 00:12:42,762
Scott faloume da ex de Will.

244
00:12:43,763 --> 00:12:44,722
Non quero saber.

245
00:12:45,848 --> 00:12:46,974
Pero está só aquí?

246
00:12:47,725 --> 00:12:49,185
Non quero saber.

247
00:12:49,185 --> 00:12:51,562
Queres saber, queres. E, si, está só.

248
00:12:52,229 --> 00:12:55,232
Will e a súa ex
estiveron casados case dous anos.

249
00:12:55,232 --> 00:12:57,526
Ela marchou ao pouco de nacer RJ.

250
00:12:57,526 --> 00:13:00,988
Foi a Australia atoparse a si mesma.
Seica segue buscando,

251
00:13:00,988 --> 00:13:03,657
por iso non vén á voda.

252
00:13:04,533 --> 00:13:05,910
Mala sorte.

253
00:13:05,910 --> 00:13:07,661
Non dis máis nada?

254
00:13:07,661 --> 00:13:12,166
Que queres que diga?
Que é unha mágoa que RJ medrase sen nai?

255
00:13:12,166 --> 00:13:14,418
E que o criase un pai solteirón

256
00:13:14,418 --> 00:13:17,338
e unha longa serie de mozas guapas?

257
00:13:17,338 --> 00:13:20,925
Entendo. Fas que non che importa,
pero vísteste para gustar.

258
00:13:21,634 --> 00:13:24,345
Que vexa o que perdeu,
sen dicir que che importa.

259
00:13:24,345 --> 00:13:25,930
Non estou facendo iso.

260
00:13:25,930 --> 00:13:29,308
Coñézote, Lana,
e, se non intentas vingarte,

261
00:13:29,308 --> 00:13:31,185
non es como pensaba que eras.

262
00:13:31,769 --> 00:13:34,271
A única maneira
de pasar a semana Will e eu

263
00:13:34,271 --> 00:13:37,483
é falando abertamente
sobre o incómodo que resulta.

264
00:13:37,483 --> 00:13:40,027
Sen explicacións,
sen botar nos fociños o pasado,

265
00:13:40,027 --> 00:13:41,737
só recoñecelo, nada máis.

266
00:13:41,737 --> 00:13:44,156
A túa cea empeza de aquí a unha hora,

267
00:13:44,156 --> 00:13:47,034
o apartamento de Will é o número 121.

268
00:13:48,536 --> 00:13:50,704
Si.

269
00:13:50,704 --> 00:13:52,623
- Si.
- Si.

270
00:13:52,623 --> 00:13:56,627
Si, imos aclarar as cousas,
dunha vez por todas.

271
00:13:56,627 --> 00:13:58,128
- Si.
- Vaia.

272
00:13:59,129 --> 00:14:02,800
Sorpréndeme o ben que estou levando isto.

273
00:14:02,800 --> 00:14:04,927
A min tamén. Estás estupenda.

274
00:14:15,020 --> 00:14:15,855
Will?

275
00:14:17,815 --> 00:14:19,149
Conseguiches a toalla?

276
00:14:20,442 --> 00:14:21,485
Como?

277
00:14:21,485 --> 00:14:23,696
Entra. Faime falta agora.

278
00:14:25,489 --> 00:14:27,867
- Ah.
- Ei.

279
00:14:29,910 --> 00:14:31,120
- Que fas?
- Que?

280
00:14:31,120 --> 00:14:32,496
Dixeches que entrase.

281
00:14:32,496 --> 00:14:34,915
- Pensei que eras Scott.
- Por que?

282
00:14:34,915 --> 00:14:36,250
Por que estás aquí?

283
00:14:36,250 --> 00:14:37,418
Xa marcho.

284
00:14:40,963 --> 00:14:42,256
Perdón.

285
00:14:42,256 --> 00:14:45,718
- Desculpa. Adeus.
- Tranquila, déixao, non importa.

286
00:14:48,178 --> 00:14:49,305
Vés agora.

287
00:14:55,185 --> 00:14:57,479
Iso non é certo.

288
00:14:57,479 --> 00:14:59,940
- Manda truco.
- Parecíase ao vello.

289
00:14:59,940 --> 00:15:02,860
Eu era un bebé feo.
Non pasa nada por admitilo.

290
00:15:03,360 --> 00:15:06,113
- Fíxenvos esperar?
- Non, acabamos de chegar.

291
00:15:06,113 --> 00:15:09,158
- Non fai falta.
- Os hábitos son malos de cambiar.

292
00:15:09,158 --> 00:15:10,576
Non fai falta.

293
00:15:10,576 --> 00:15:11,660
Mamá, senta.

294
00:15:11,660 --> 00:15:14,079
Non fai falta complicarse.

295
00:15:14,079 --> 00:15:16,206
Ninguén se complica máis ca ti.

296
00:15:16,206 --> 00:15:17,541
Vale.

297
00:15:19,752 --> 00:15:21,670
- Estás ben?
- Si.

298
00:15:21,670 --> 00:15:23,881
Xa me pasou nove veces máis.

299
00:15:25,174 --> 00:15:28,886
Quería desculparme
polo que pasou no teu apartamento.

300
00:15:28,886 --> 00:15:30,679
Non pasa nada, esquéceo.

301
00:15:30,679 --> 00:15:32,139
Que pasou, logo?

302
00:15:32,723 --> 00:15:36,518
Interrompín a teu pai
cando estaba duchándose.

303
00:15:37,436 --> 00:15:39,897
- Como?
- A ver, non entrei sen máis.

304
00:15:39,897 --> 00:15:42,066
- A porta estaba aberta.
- A da ducha?

305
00:15:42,066 --> 00:15:45,694
Non, a do apartamento
e el dixo que lle facía falta.

306
00:15:46,195 --> 00:15:47,863
A toalla. Precisábaa.

307
00:15:48,781 --> 00:15:51,116
E eu teño que me refrescar.

308
00:15:51,116 --> 00:15:52,534
Pero acabas de chegar.

309
00:15:52,534 --> 00:15:54,995
Unha nunca está fresca abondo.

310
00:16:00,250 --> 00:16:02,503
- Eu vou...
- Si, adiante.

311
00:16:06,507 --> 00:16:08,467
Pódesme explicar que pasa?

312
00:16:09,051 --> 00:16:11,679
Tes idea do incómodo que resulta isto?

313
00:16:11,679 --> 00:16:15,516
Vale. Entendo que houbo algo
entre ti e Will na universidade,

314
00:16:15,516 --> 00:16:17,101
pero non será para tanto.

315
00:16:17,101 --> 00:16:21,438
Non foi só unha relación pasaxeira,
eramos todo un para o outro.

316
00:16:21,438 --> 00:16:23,190
Ninguén conxeniaba coma nós.

317
00:16:23,190 --> 00:16:25,818
Eu pensaba que iamos pasar a vida xuntos.

318
00:16:25,818 --> 00:16:27,569
De repente, el desapareceu.

319
00:16:28,153 --> 00:16:29,697
Non nos volvemos ver máis.

320
00:16:29,697 --> 00:16:32,408
Nin volvemos falar ata hoxe.

321
00:16:32,992 --> 00:16:34,368
Desapareceu sen máis?

322
00:16:34,368 --> 00:16:35,786
Si, sen dicir nada.

323
00:16:35,786 --> 00:16:39,999
Eu sabía que lle custaba
decidir que facer ao graduarse,

324
00:16:39,999 --> 00:16:42,251
pero non é escusa para desaparecer.

325
00:16:42,251 --> 00:16:44,753
- E nunca te chamou para explicalo?
- Non.

326
00:16:45,337 --> 00:16:47,464
Non coñezo moito o pai de RJ,

327
00:16:47,464 --> 00:16:50,551
pero non parece
o tipo de persoa que faga iso.

328
00:16:51,176 --> 00:16:54,430
Eu cambiei
o número de teléfono e non llo dixen.

329
00:16:54,430 --> 00:16:58,267
E logo mudeime, pero non lle dixen a onde.

330
00:16:58,267 --> 00:16:59,351
Mamá!

331
00:17:00,310 --> 00:17:02,563
Non quería oír as súas míseras escusas

332
00:17:02,563 --> 00:17:04,982
nin darlle outra ocasión de ferirme.

333
00:17:04,982 --> 00:17:08,569
Logo coñeciches a papá,
tivéstesme a min e a vida seguiu.

334
00:17:08,569 --> 00:17:11,030
Si, es o máis importante da miña vida.

335
00:17:11,030 --> 00:17:13,365
Por iso me preocupa o que che pase.

336
00:17:14,074 --> 00:17:15,492
- A min?
- Si, a ti.

337
00:17:15,492 --> 00:17:18,829
Por moito que queiras a RJ,
nunca poderás confiar nel.

338
00:17:19,413 --> 00:17:20,456
En serio?

339
00:17:20,456 --> 00:17:23,333
En serio. No debate
entre natureza e sociedade,

340
00:17:23,333 --> 00:17:26,879
faime caso, son especialista,
éche todo natureza.

341
00:17:26,879 --> 00:17:30,174
Eu non son unha xenetista
mundialmente coñecida,

342
00:17:30,174 --> 00:17:32,509
pero iso non ten sentido.

343
00:17:32,509 --> 00:17:36,597
Pois vai abrindo os ollos,
porque vas casar co fillo de Satanás.

344
00:17:37,222 --> 00:17:38,557
Ala, a dicir toleadas.

345
00:17:38,557 --> 00:17:40,934
Se cadra non son toleadas.

346
00:17:40,934 --> 00:17:44,104
Escóitame, vale?
A Will gustáballe divertirse.

347
00:17:44,104 --> 00:17:47,775
Gustáballe ser o centro de atención
e encargarse de todo.

348
00:17:47,775 --> 00:17:49,234
E que mal ten iso?

349
00:17:49,234 --> 00:17:51,236
Ocultaba os seus sentimentos.

350
00:17:51,236 --> 00:17:53,947
Sempre chocando as cinco por todo

351
00:17:53,947 --> 00:17:56,700
e facendo a parvada esa
de chocar os puños.

352
00:17:57,284 --> 00:18:00,079
Nin RJ é seu pai nin eu son ti.

353
00:18:00,079 --> 00:18:01,789
Paréceche que RJ non é así?

354
00:18:01,789 --> 00:18:06,251
Mamá, RJ dixo que Will pensa
que é marabilloso que nos atopásemos.

355
00:18:06,251 --> 00:18:09,254
Dixo que o que houbo entre vós
pasou hai décadas.

356
00:18:09,254 --> 00:18:12,341
Entón, podes superar iso, por favor?

357
00:18:13,217 --> 00:18:15,719
Dixeches que ti es feliz se eu o son.

358
00:18:16,762 --> 00:18:18,889
E díxeno en serio.

359
00:18:18,889 --> 00:18:21,517
Moi ben. Estou nerviosa pola voda

360
00:18:21,517 --> 00:18:24,186
e non a daría organizado sen ti.

361
00:18:24,186 --> 00:18:26,980
Quero que fagas o brinde no ensaio da cea.

362
00:18:27,731 --> 00:18:30,484
- Queres que faga o brinde?
- Es miña nai.

363
00:18:30,484 --> 00:18:33,070
Quero que participes en todo.

364
00:18:36,824 --> 00:18:39,785
Entón, que? Ten marido Lana Winslow?

365
00:18:41,620 --> 00:18:43,288
- En serio?
- Só pregunto.

366
00:18:43,872 --> 00:18:45,624
Ou tamén está divorciada?

367
00:18:45,624 --> 00:18:47,417
Entón, non o sabes?

368
00:18:47,918 --> 00:18:48,752
O que?

369
00:18:49,837 --> 00:18:52,714
O pai de Emma morreu
nun accidente aos oito anos.

370
00:18:52,714 --> 00:18:56,844
Non, non tiña nin idea.
Non estamos en contacto en absoluto.

371
00:18:56,844 --> 00:18:59,388
Lana criou a filla soa, coma ti.

372
00:18:59,388 --> 00:19:00,305
Ola.

373
00:19:00,931 --> 00:19:02,933
Ola. Todo ben?

374
00:19:02,933 --> 00:19:06,186
Si. Pedinlle a miña nai
un brinde no ensaio da cea.

375
00:19:06,186 --> 00:19:09,439
Perfecto. Preguntácheslle polo...

376
00:19:10,691 --> 00:19:11,650
Vale.

377
00:19:12,401 --> 00:19:14,194
Papá, Lana.

378
00:19:14,194 --> 00:19:17,281
Emma e eu queriamos que fósedes

379
00:19:17,281 --> 00:19:19,491
o padriño e a madriña da cerimonia.

380
00:19:20,075 --> 00:19:23,036
Se non vos parece incómodo. Non temos que...

381
00:19:23,036 --> 00:19:24,621
- Boa idea.
- É un honor.

382
00:19:24,621 --> 00:19:26,331
Saúde.

383
00:19:29,751 --> 00:19:32,754
Escoita, Emma. RJ e eu
falamos do teu Instagram

384
00:19:32,754 --> 00:19:35,757
e impresionoume
a túa cantidade de interaccións.

385
00:19:35,757 --> 00:19:39,011
A cantidade duplicouse
desde que viñeches a Londres.

386
00:19:39,011 --> 00:19:40,846
Bravo! Así me gusta.

387
00:19:41,972 --> 00:19:43,807
Fúchelos ver a Londres?

388
00:19:43,807 --> 00:19:47,102
Fun en viaxe de negocios
e levei os rapaces cear.

389
00:19:47,102 --> 00:19:50,689
Seguro que o pasastes ben coñecéndovos.

390
00:19:50,689 --> 00:19:53,734
Quería que nos viñeses ver,
pero non tiñas tempo.

391
00:19:53,734 --> 00:19:57,446
Collería uns días libres
se soubese do teu compromiso.

392
00:19:57,446 --> 00:19:59,198
Non había compromiso aínda.

393
00:19:59,198 --> 00:20:00,991
Agora estamos aquí todos.

394
00:20:00,991 --> 00:20:02,201
Un brinde por iso.

395
00:20:04,870 --> 00:20:06,914
Ía esperar ata despois da cea,

396
00:20:06,914 --> 00:20:09,291
pero vouvos dar isto agora.

397
00:20:09,875 --> 00:20:11,793
Eu xa lles dei o meu agasallo.

398
00:20:11,793 --> 00:20:14,504
Si, a mellor máquina de café do mercado.

399
00:20:14,504 --> 00:20:16,798
Era o primeiro da lista de regalos.

400
00:20:16,798 --> 00:20:18,008
Si.

401
00:20:19,134 --> 00:20:20,093
Isto é...

402
00:20:23,096 --> 00:20:25,432
Ábrelo ti?

403
00:20:29,519 --> 00:20:31,855
Son as chaves do piso de Tribeca?

404
00:20:31,855 --> 00:20:35,901
Si, son as chaves
do voso piso en Tribeca, Nova York.

405
00:20:37,861 --> 00:20:40,530
É un agasallo fantástico.

406
00:20:40,530 --> 00:20:42,950
Para dúas persoas fantásticas coma vós.

407
00:20:47,537 --> 00:20:50,874
Erguede o brazo, perna dereita para atrás.

408
00:20:51,583 --> 00:20:53,001
Postura do guerreiro un.

409
00:20:54,253 --> 00:20:57,464
- Un piso de millóns en Tribeca.
- Dobrade o xeonllo.

410
00:20:57,464 --> 00:20:59,299
Como vou competir eu con iso?

411
00:20:59,883 --> 00:21:01,343
Non é unha competición.

412
00:21:01,343 --> 00:21:06,515
El presumiu de ser un investidor
millonario de capital risco.

413
00:21:06,515 --> 00:21:09,559
Non pasa nada por ser millonario.

414
00:21:09,559 --> 00:21:12,312
Cambiade á postura do guerreiro dous.

415
00:21:12,312 --> 00:21:13,772
Mirade a man esquerda.

416
00:21:19,444 --> 00:21:20,487
Viches iso?

417
00:21:20,487 --> 00:21:21,405
Ver o que?

418
00:21:21,405 --> 00:21:24,825
O galán Hemsworth ese de aí.
Estábate mirando.

419
00:21:26,118 --> 00:21:29,705
Veña, ho.
Teño roupa interior máis vella ca el.

420
00:21:29,705 --> 00:21:31,206
O que, ho?

421
00:21:31,206 --> 00:21:34,668
Erguede a man dereita, a esquerda
e guerreiro invertido.

422
00:21:37,671 --> 00:21:39,047
Viches iso?

423
00:21:39,047 --> 00:21:41,300
- O que?
- O sorriso provocador ese.

424
00:21:41,883 --> 00:21:43,218
Vaite por el.

425
00:21:43,927 --> 00:21:45,053
Sabes que? Eu paro.

426
00:21:45,554 --> 00:21:49,599
Temos xunta coa xerente
de marca de Discovery en dez minutos.

427
00:21:49,599 --> 00:21:51,601
Dez minutos dan para moito.

428
00:21:51,601 --> 00:21:52,686
Abonda.

429
00:21:53,645 --> 00:21:55,147
- Moito.
- Guerreiro dous.

430
00:21:55,147 --> 00:21:56,064
Perdón.

431
00:21:57,941 --> 00:22:00,277
Menos mal que viñestes.

432
00:22:00,277 --> 00:22:02,904
Hai moito que facer e moi pouco tempo,

433
00:22:02,904 --> 00:22:05,949
pero, grazas á videochamada,
empezamos moi ben.

434
00:22:05,949 --> 00:22:07,159
Que videochamada?

435
00:22:07,159 --> 00:22:09,536
Emma e eu decidimos uns detalliños.

436
00:22:09,536 --> 00:22:11,538
Dixeches que o fariamos xuntas.

437
00:22:11,538 --> 00:22:12,456
Xa o facemos.

438
00:22:12,456 --> 00:22:15,709
E por que fas videochamadas
e decides ti soa?

439
00:22:15,709 --> 00:22:18,128
- Algunha pregunta?
- Non, todo ben.

440
00:22:19,796 --> 00:22:22,632
É importante que Camala nos viñese axudar.

441
00:22:22,632 --> 00:22:25,677
Eu organicei a miña voda
sen xerente de marca.

442
00:22:25,677 --> 00:22:27,429
- Todo ben?
- Si, perfecto.

443
00:22:27,429 --> 00:22:30,891
A túa foi no xardín da avoa
e ela foi unha repugnante.

444
00:22:30,891 --> 00:22:33,602
Agora tócame a min ser a repugnante.

445
00:22:33,602 --> 00:22:35,729
Estamos listas para comezar?

446
00:22:35,729 --> 00:22:36,938
Si, estamos.

447
00:22:36,938 --> 00:22:39,441
Eu trouxen unhas notas.

448
00:22:39,441 --> 00:22:43,195
Escollemos a decoración das mesas
que propuxo Phillipa.

449
00:22:43,195 --> 00:22:45,238
Fixo a voda de Harry e Meghan.

450
00:22:45,238 --> 00:22:48,867
Detalles, manteis,
panos de mesa e tarxetas dos nomes.

451
00:22:48,867 --> 00:22:52,245
Non teño foto do vestido da noiva,
pero é impresionante.

452
00:22:53,121 --> 00:22:54,790
Xa escolliches todo?

453
00:22:54,790 --> 00:22:56,917
Diso falamos na videochamada.

454
00:22:56,917 --> 00:22:58,710
Xa escolliches o vestido?

455
00:22:59,294 --> 00:23:01,797
Daisy Saint Daisy precisaba a resposta xa.

456
00:23:02,381 --> 00:23:04,091
Quen é Daisy Saint Daisy?

457
00:23:04,966 --> 00:23:06,301
Túa nai é adorable.

458
00:23:06,885 --> 00:23:09,554
Daisy Saint Daisy é a próxima Vera Wang.

459
00:23:09,554 --> 00:23:12,808
Non podes rexeitar
un vestido de 30 000 dólares.

460
00:23:13,392 --> 00:23:14,893
Daisy patrocíname a min.

461
00:23:14,893 --> 00:23:19,064
Patrocinará, pero é a túa voda
e debías facer o que ti queiras.

462
00:23:19,064 --> 00:23:20,440
Deixámolo, vale?

463
00:23:20,941 --> 00:23:23,276
- Só quero que esteas feliz.
- Xa estou.

464
00:23:23,276 --> 00:23:27,531
Teño excelentes deseñadores
e expertos que farán todo fantástico.

465
00:23:27,531 --> 00:23:30,242
E todo iso atraerache moitos seguidores.

466
00:23:30,242 --> 00:23:33,870
Tomei a liberdade de preparar
un programa para a semana.

467
00:23:33,870 --> 00:23:36,289
Emma, tes sesión de fotos nunha hora

468
00:23:36,289 --> 00:23:39,668
e logo ensaio do baile,
que é clave nas redes sociais.

469
00:23:39,668 --> 00:23:41,753
Chegou o resto do cortexo nupcial?

470
00:23:41,753 --> 00:23:43,004
Si, chegaron todos.

471
00:23:43,004 --> 00:23:45,924
Perfecto. Marquei en verde
as súas intervencións.

472
00:23:47,592 --> 00:23:49,845
Parece que non estaremos moito xuntas.

473
00:23:49,845 --> 00:23:52,305
Participas no ensaio do baile ás 16.

474
00:23:52,305 --> 00:23:55,308
- Ves o asterisco? "Nai da Noiva".
- Son un asterisco.

475
00:23:55,308 --> 00:23:58,645
Voulle dar un consello, avoa Winslow.

476
00:23:58,645 --> 00:23:59,646
Avoa?

477
00:23:59,646 --> 00:24:01,857
Sei que é duro vela marchar,

478
00:24:01,857 --> 00:24:04,901
pero a súa neniña xa é unha muller

479
00:24:04,901 --> 00:24:08,363
e o mellor que pode facer é relaxarse.

480
00:24:08,363 --> 00:24:10,991
Tome un cóctel Mai Tai e goce da festa.

481
00:24:13,326 --> 00:24:14,369
De acordo.

482
00:24:14,369 --> 00:24:18,123
En serio che chamou avoa Winslow?

483
00:24:18,123 --> 00:24:19,541
Chamou, chamou.

484
00:24:19,541 --> 00:24:21,710
- Reprendíchela?
- Debía.

485
00:24:21,710 --> 00:24:24,296
Non quero estragar todo. Emma está feliz.

486
00:24:24,296 --> 00:24:25,505
Que é iso?

487
00:24:25,505 --> 00:24:28,675
O meu programa da semana, que fixo Camala.

488
00:24:28,675 --> 00:24:29,968
Ah, vale.

489
00:24:30,552 --> 00:24:33,847
Horario militar?
Isto é unha voda ou unha guerra?

490
00:24:33,847 --> 00:24:34,764
Non sei.

491
00:24:34,764 --> 00:24:37,976
Polo menos tes a lista
de suxestións de actividades.

492
00:24:37,976 --> 00:24:41,480
Non, só é unha estratexia
para arredarme do medio.

493
00:24:41,480 --> 00:24:45,275
Masaxe, manicura, baño sonoro, pickleball.

494
00:24:45,275 --> 00:24:48,820
Se pensa mercarme
con exfoliantes e separadores de dedas,

495
00:24:49,446 --> 00:24:51,239
non me coñece ben.

496
00:24:51,865 --> 00:24:54,201
Xusto. Poder popular.

497
00:24:54,826 --> 00:24:56,453
Sigamos amargándonos aquí.

498
00:24:58,955 --> 00:25:00,957
Estou esaxerando, non?

499
00:25:01,625 --> 00:25:04,628
Xa sei que é
un momento emotivo para ti, querida.

500
00:25:04,628 --> 00:25:07,130
Pero amargarse empeorará todo.

501
00:25:07,672 --> 00:25:08,882
Tes razón.

502
00:25:09,466 --> 00:25:10,592
Escolle ti.

503
00:25:12,511 --> 00:25:15,263
Vale. Pickleball. Descargas agresividade

504
00:25:15,263 --> 00:25:17,432
batendo en algo que non as devolve.

505
00:25:18,141 --> 00:25:18,975
Apúntome.

506
00:25:18,975 --> 00:25:21,144
Vamos, veña!

507
00:25:26,858 --> 00:25:27,692
Si!

508
00:25:37,202 --> 00:25:39,579
- Grazas.
- Grazas.

509
00:25:39,579 --> 00:25:41,998
Ola, Harley. Que fai aquí?

510
00:25:41,998 --> 00:25:45,210
Fago o que hai que facer.
Que desexan hoxe, señoras?

511
00:25:45,210 --> 00:25:47,879
- Haberá pista de tenis?
- Vou mirar.

512
00:25:47,879 --> 00:25:49,881
Atopámonos outra vez, eh?

513
00:25:49,881 --> 00:25:50,882
Ola.

514
00:25:50,882 --> 00:25:52,926
Esquecera que xogabades ao tenis.

515
00:25:52,926 --> 00:25:57,222
Padezo dos xeonllos, pero non teño
mala pinta en pantalóns curtos.

516
00:25:57,222 --> 00:25:58,807
Agora lembro.

517
00:25:58,807 --> 00:26:01,268
Winslow, sabes usar estas raquetas?

518
00:26:01,268 --> 00:26:04,854
- Veremos. Hai pista?
- Non teño nada ata as dúas.

519
00:26:04,854 --> 00:26:07,274
Un partido de dobres mixto?

520
00:26:07,274 --> 00:26:09,818
- Non queremos molestar.
- Non é molestia.

521
00:26:09,818 --> 00:26:12,654
Non lle metas presión.
Non lle gusta perder.

522
00:26:12,654 --> 00:26:14,281
Quen dixo nada de perder?

523
00:26:25,208 --> 00:26:26,751
- Perdón.
- Tranquilo.

524
00:26:28,003 --> 00:26:29,212
Nove-nove-dous.

525
00:26:34,342 --> 00:26:35,176
- Ben!
- Ben!

526
00:26:35,760 --> 00:26:36,803
Dez-nove-dous.

527
00:26:37,512 --> 00:26:38,513
Punto de set.

528
00:26:47,105 --> 00:26:49,608
Nove-dez-un.

529
00:26:57,907 --> 00:26:59,993
- Fóra!
- Pareceume dentro.

530
00:27:00,660 --> 00:27:01,661
Árbitro, que?

531
00:27:01,661 --> 00:27:04,080
Foi... fóra.

532
00:27:04,080 --> 00:27:06,124
Fóra? Estás de broma.

533
00:27:06,124 --> 00:27:08,460
Vale, McEnroe, dentro. Punto para ti.

534
00:27:08,460 --> 00:27:10,670
Non quero o punto se non foi dentro.

535
00:27:10,670 --> 00:27:13,381
Todos cremos que foi fóra,
pero levádeo vós.

536
00:27:13,381 --> 00:27:16,885
Todos, non. Janice e Scott
non dixeron que fora fóra.

537
00:27:16,885 --> 00:27:18,887
- Para vós.
- Non, volvemos xogar.

538
00:27:18,887 --> 00:27:20,305
- Vale.
- Vale.

539
00:27:20,305 --> 00:27:22,015
Aínda é unha repugnante.

540
00:27:22,015 --> 00:27:25,518
- Como dixeches?
- Dixo que es moi deportiva.

541
00:28:03,139 --> 00:28:04,349
Ei.

542
00:28:05,600 --> 00:28:06,851
Síntoo moito.

543
00:28:07,352 --> 00:28:08,353
Onde che doe?

544
00:28:08,353 --> 00:28:10,105
Todos sabemos onde doe.

545
00:28:10,105 --> 00:28:13,024
Ola, son médico. Reláxese e respire.

546
00:28:13,608 --> 00:28:16,277
Eu tamén son médica. Gobérnome eu.

547
00:28:16,277 --> 00:28:19,155
- Reláxate e respira.
- Bateu coa cabeza?

548
00:28:19,155 --> 00:28:22,033
Boa pregunta.
Traede xeo para calmar a dor.

549
00:28:22,033 --> 00:28:23,284
Vou eu.

550
00:28:23,284 --> 00:28:26,579
Lucas Campion. Son de Geffen, nos Ánxeles.
Vostede era...

551
00:28:26,579 --> 00:28:28,498
Lana. Lana Winslow.

552
00:28:28,498 --> 00:28:30,208
Lana Winslow? En serio?

553
00:28:30,208 --> 00:28:31,126
Si.

554
00:28:31,626 --> 00:28:33,002
É unha estrela do rock.

555
00:28:33,002 --> 00:28:34,295
Non son, non.

556
00:28:34,295 --> 00:28:37,757
É tal. Quixémola contratar
o ano pasado, pero rexeitounos.

557
00:28:37,757 --> 00:28:39,384
Son xefe de contratacións.

558
00:28:39,384 --> 00:28:41,428
- Voume incorporar.
- Aínda non.

559
00:28:41,428 --> 00:28:42,721
- Espera.
- Iso.

560
00:28:42,721 --> 00:28:46,641
Gustaríame convencela
de que veña traballar connosco ao sur.

561
00:28:46,641 --> 00:28:50,145
Agradézollo, pero vai casar a miña filla.

562
00:28:50,145 --> 00:28:51,646
Parabéns.

563
00:28:51,646 --> 00:28:52,605
Grazas.

564
00:28:52,605 --> 00:28:54,566
Vou poñelo no...

565
00:28:54,566 --> 00:28:56,192
Non o poñas en ningures.

566
00:28:56,192 --> 00:28:59,738
Non vos quero estragar a festa,
pero teño que ir ao cuarto.

567
00:28:59,738 --> 00:29:01,114
Botámosche unha man.

568
00:29:01,114 --> 00:29:02,282
Amodo, mangallón.

569
00:29:02,282 --> 00:29:03,575
- Ei.
- Ei.

570
00:29:03,575 --> 00:29:06,786
Vale, acompáñoo eu para non arriscar.

571
00:29:06,786 --> 00:29:08,121
Non se moleste.

572
00:29:08,121 --> 00:29:10,206
Eu quedaría máis tranquilo.

573
00:29:10,206 --> 00:29:11,791
Vale. Como queira.

574
00:29:12,584 --> 00:29:13,668
Bo tiro.

575
00:29:16,296 --> 00:29:20,925
Estará moi ocupada
cos preparativos da voda e todo iso,

576
00:29:20,925 --> 00:29:22,886
pero convídoa a tomar algo.

577
00:29:23,470 --> 00:29:25,972
- Grazas, pero...
- Está dispostísima.

578
00:29:26,556 --> 00:29:29,309
Perfecto. Vémonos no bar sobre as oito?

579
00:29:32,729 --> 00:29:34,147
Ás oito, de acordo.

580
00:29:34,147 --> 00:29:36,024
Vale, ata logo.

581
00:29:38,693 --> 00:29:39,778
De nada.

582
00:29:39,778 --> 00:29:42,405
Pola cita cun tipo
ao que lle dobro a idade.

583
00:29:42,405 --> 00:29:43,907
De nada.

584
00:29:44,824 --> 00:29:46,868
O que me pasou é ben merecido.

585
00:29:46,868 --> 00:29:49,162
Ningún home merece que lle pase iso.

586
00:29:49,162 --> 00:29:53,041
Fun un cabrón, querendo
ser máis ca ela e facendo o burro.

587
00:29:53,041 --> 00:29:55,251
- Niso igual tes razón.
- Si.

588
00:29:55,251 --> 00:29:58,755
- Vostede e a Dra. Winslow tiveron algo.
- Máis ou menos.

589
00:29:58,755 --> 00:30:01,925
Pero agora non hai nada
entre vostedes, non?

590
00:30:01,925 --> 00:30:05,386
Á parte de décadas
de rancor acumulado, nada de nada.

591
00:30:05,970 --> 00:30:07,889
Xa vou só. Grazas pola axuda.

592
00:30:07,889 --> 00:30:09,474
Avise se precisa algo.

593
00:30:09,474 --> 00:30:11,184
Vale. Un conselliño?

594
00:30:11,184 --> 00:30:12,310
Adiante.

595
00:30:12,310 --> 00:30:14,229
Se vai estar coa miña ex,

596
00:30:14,229 --> 00:30:16,231
pague a póliza do seguro médico.

597
00:30:17,690 --> 00:30:18,525
Lembrareino.

598
00:30:29,536 --> 00:30:30,954
Oxalá Will estea ben.

599
00:30:31,454 --> 00:30:34,249
Terá voz de soprano
un tempo, pero sobrevivirá.

600
00:30:34,249 --> 00:30:35,458
Debía chamalo.

601
00:30:35,458 --> 00:30:40,129
Non, deixa de pensar en Will
e céntrate no Aposto Doutor Novo.

602
00:30:41,714 --> 00:30:42,757
Perdón.

603
00:30:42,757 --> 00:30:45,760
- Cariño.
- Estás aquí. Estábate buscando.

604
00:30:45,760 --> 00:30:47,095
E logo? Que foi?

605
00:30:47,095 --> 00:30:51,224
Camala dixo que houbo
un incidente entre ti e o pai de RJ.

606
00:30:51,224 --> 00:30:55,186
Ah, iso? Non foi un incidente,
senón un pequeno accidente.

607
00:30:55,186 --> 00:30:56,813
Pegoulle cunha bóla.

608
00:30:57,605 --> 00:30:58,690
É certo iso?

609
00:30:58,690 --> 00:31:03,945
Non lle peguei cunha bóla.
Pegueille á bóla e bateulle nas bólas.

610
00:31:03,945 --> 00:31:06,072
- Na ingua.
- Entendo.

611
00:31:06,072 --> 00:31:08,408
Si, puntazo. Xogo, set e ferido.

612
00:31:08,408 --> 00:31:12,704
Mamá, por favor, intenta portarte normal.

613
00:31:12,704 --> 00:31:14,914
Camala di que non se pode repetir.

614
00:31:14,914 --> 00:31:19,502
Non pasa nada. Prometo arredar
de Will Jackson todo o que poida.

615
00:31:19,502 --> 00:31:22,213
É difícil tomarte en serio con esa pinta.

616
00:31:22,213 --> 00:31:23,965
Dígoo en serio, de verdade.

617
00:31:23,965 --> 00:31:26,759
Non vaias tarde ao baile,
de aquí a 20 minutos.

618
00:31:26,759 --> 00:31:29,220
Prometo chegar a tempo e sen máscara.

619
00:31:29,220 --> 00:31:30,597
- Vale.
- Ah, cariño.

620
00:31:30,597 --> 00:31:32,765
- Préstasme os pendentes?
- Claro.

621
00:31:33,808 --> 00:31:35,476
- Tes unha cita?
- Non.

622
00:31:35,476 --> 00:31:38,146
- Si.
- Non teño, non.

623
00:31:38,146 --> 00:31:41,316
Vou tomar algo con alguén,
pero non é unha cita.

624
00:31:41,316 --> 00:31:44,235
Así que, sabes que? Mira que hora é.

625
00:31:44,235 --> 00:31:46,529
Teño que bulir para a clase de baile.

626
00:31:46,529 --> 00:31:48,197
- Bule.
- Grazas.

627
00:31:48,781 --> 00:31:50,533
Teño que marchar. Grazas.

628
00:31:53,453 --> 00:31:58,082
Un, dous, tres, catro,
vamos, cinco, seis, sete, oito.

629
00:31:58,082 --> 00:32:02,545
Un, dous, ben, tres,
catro, vamos, cinco, seis, así!

630
00:32:02,545 --> 00:32:05,006
Xa oín o que pasou coa bóla.

631
00:32:05,006 --> 00:32:06,549
Síntoo moito.

632
00:32:06,549 --> 00:32:10,053
Túa nai non o fixo adrede.
Eu creo que non.

633
00:32:12,513 --> 00:32:15,183
Se vale de algo,
creo que facedes boa parella.

634
00:32:15,183 --> 00:32:16,142
Si?

635
00:32:16,643 --> 00:32:18,937
Nunca a vin tan alterada.

636
00:32:28,863 --> 00:32:30,657
Grazas.

637
00:32:31,491 --> 00:32:33,326
Moi ben!

638
00:32:33,326 --> 00:32:36,621
Bo comezo, pero os homes
tedes que seguir practicando.

639
00:32:36,621 --> 00:32:39,040
Veranvos millóns de persoas nas redes.

640
00:32:39,040 --> 00:32:40,708
Pasamos ao seguinte.

641
00:32:40,708 --> 00:32:44,003
Imos practicar o lasso, buscade parella.

642
00:32:44,003 --> 00:32:46,130
Camala, eu non teño parella.

643
00:32:47,465 --> 00:32:49,175
Avoa Winslow, non me decatei.

644
00:32:50,051 --> 00:32:53,638
Mira, fai o favor de non chamarme "avoa"...

645
00:32:53,638 --> 00:32:54,889
Bailo eu contigo.

646
00:32:56,557 --> 00:32:58,476
A nai da noiva

647
00:32:58,476 --> 00:33:00,603
e o pai do noivo bailando xuntos?

648
00:33:00,603 --> 00:33:02,647
Emily Post non estaría de acordo.

649
00:33:02,647 --> 00:33:05,441
- Quen é Emily Post?
- Unha estragavodas.

650
00:33:05,441 --> 00:33:09,278
Paréceme boa idea,
pero como vós queirades.

651
00:33:09,278 --> 00:33:11,197
- Adiante.
- Vostede é...

652
00:33:11,197 --> 00:33:12,824
Unha examiga miña.

653
00:33:12,824 --> 00:33:15,910
Veña, Lana. Daquela tiñades a canción esa...

654
00:33:15,910 --> 00:33:17,370
- Si.
- Como era?

655
00:33:17,370 --> 00:33:18,746
Non lembro.

656
00:33:18,746 --> 00:33:20,999
- "Pégalle á bola e dáme."
- Lembras...

657
00:33:20,999 --> 00:33:23,209
- Will tocábaa ao piano.
- "Mona Lisa".

658
00:33:23,209 --> 00:33:24,877
- Si.
- A miña favorita.

659
00:33:25,461 --> 00:33:26,546
E a miña tamén.

660
00:33:26,546 --> 00:33:28,172
Cuspidiño ao pai.

661
00:33:28,172 --> 00:33:30,174
Téñoa no teléfono.

662
00:33:30,174 --> 00:33:31,342
Tes?

663
00:33:37,932 --> 00:33:38,850
Bailamos?

664
00:34:05,168 --> 00:34:06,085
Estás preciosa.

665
00:34:06,669 --> 00:34:08,046
Pois grazas.

666
00:34:08,046 --> 00:34:09,797
Isto é unha sorpresa.

667
00:34:10,423 --> 00:34:11,382
O que?

668
00:34:11,966 --> 00:34:13,968
Aínda non me pisaches os pés.

669
00:34:16,054 --> 00:34:17,305
Falei antes de tempo.

670
00:34:19,974 --> 00:34:22,435
Estar onda ti ponme...

671
00:34:23,519 --> 00:34:24,520
A min tamén.

672
00:34:34,155 --> 00:34:36,199
Grazas.

673
00:34:36,199 --> 00:34:37,408
Para a muller.

674
00:34:58,679 --> 00:35:01,432
Perdón por chegar tarde.
O baile durou moito.

675
00:35:01,432 --> 00:35:03,351
Estás impresionante.

676
00:35:03,351 --> 00:35:04,352
Grazas.

677
00:35:04,352 --> 00:35:05,770
Bonitos pendentes.

678
00:35:06,354 --> 00:35:08,022
Pois grazas.

679
00:35:09,440 --> 00:35:12,068
- Que che pido de beber?
- O mesmo ca el.

680
00:35:14,195 --> 00:35:16,739
Fálame da clase de baile.

681
00:35:17,365 --> 00:35:19,367
Foi incómodo.

682
00:35:19,367 --> 00:35:21,744
As vodas son sempre incómodas.

683
00:35:22,328 --> 00:35:23,830
Es experto en vodas?

684
00:35:24,413 --> 00:35:26,332
Estiven a piques de casar,

685
00:35:26,332 --> 00:35:29,544
pero interpúxose a facultade de medicina.

686
00:35:29,544 --> 00:35:31,087
Iso pode pasar.

687
00:35:31,087 --> 00:35:33,089
Foi mellor así.

688
00:35:33,673 --> 00:35:36,008
Pero síntome bastante só.

689
00:35:36,509 --> 00:35:38,928
En serio? Paréceme difícil de crer.

690
00:35:38,928 --> 00:35:40,221
Por que?

691
00:35:40,221 --> 00:35:43,766
Sendo tan atractivo,

692
00:35:43,766 --> 00:35:47,019
terás unha lista
con ducias de nomes de mozas.

693
00:35:47,603 --> 00:35:49,355
Nunca me chamaron atractivo.

694
00:35:50,189 --> 00:35:54,235
Creo que agora xa non se fan
listas de mozos ou mozas,

695
00:35:54,235 --> 00:35:56,696
pero, de facérense, diría o mesmo de ti.

696
00:35:57,947 --> 00:36:00,116
Non, ese tempo xa pasou.

697
00:36:00,116 --> 00:36:02,160
Hai moito. Non me queixo,

698
00:36:02,160 --> 00:36:05,329
pero para algunhas cousas xa é tarde.

699
00:36:05,830 --> 00:36:08,291
Non, nunca é demasiado tarde.

700
00:36:08,291 --> 00:36:10,960
Nunca se sabe cando se vai namorar un.

701
00:36:10,960 --> 00:36:13,212
Non é coma perder un tren.

702
00:36:13,713 --> 00:36:17,633
O vagón traseiro do meu tren
saíu da estación hai moito.

703
00:36:17,633 --> 00:36:21,095
Sen tomar nin a primeira
e xa falamos do teu traseiro.

704
00:36:21,095 --> 00:36:22,680
Esta cita vai moi ben.

705
00:36:24,265 --> 00:36:25,141
Grazas.

706
00:36:26,225 --> 00:36:27,602
Que collamos o próximo.

707
00:36:29,187 --> 00:36:30,730
Nunca se sabe que pasará.

708
00:36:33,733 --> 00:36:36,736
Mamá, que fas aquí?

709
00:36:40,865 --> 00:36:42,700
Quédanche moi ben os pendentes.

710
00:36:42,700 --> 00:36:43,743
Grazas.

711
00:36:43,743 --> 00:36:48,539
Estou nunha reunión
académica cun colega de profesión.

712
00:36:48,539 --> 00:36:52,126
- Aquel do que che falei.
- Ola, son Emma, a filla de Lana.

713
00:36:52,126 --> 00:36:54,128
Este é o meu prometido, RJ.

714
00:36:54,629 --> 00:36:55,713
Encantado, tío.

715
00:36:55,713 --> 00:36:59,926
O Dr. Campion é da Geffen School,
da Universidade de California.

716
00:36:59,926 --> 00:37:01,302
e somos colegas.

717
00:37:01,302 --> 00:37:03,721
Isto é algo estritamente académico.

718
00:37:04,305 --> 00:37:06,766
- Xa vexo.
- Que te trae a Phuket?

719
00:37:06,766 --> 00:37:09,602
Os amigos insistiron
en que collese vacacións.

720
00:37:09,602 --> 00:37:12,438
Crin que perdería o tempo,
pero coñecín a Lana.

721
00:37:14,857 --> 00:37:17,360
Deixámosvos, logo.

722
00:37:17,360 --> 00:37:18,694
Esperade...

723
00:37:19,987 --> 00:37:23,199
Tamén teño que marchar.
Normalmente déitome cedo.

724
00:37:23,199 --> 00:37:25,368
Aínda son as oito e media.

725
00:37:25,368 --> 00:37:28,871
Camala mandou unha mensaxe.
Quere quedar mañá ás dez.

726
00:37:28,871 --> 00:37:31,332
Por iso preciso descansar.

727
00:37:31,332 --> 00:37:36,295
Foi fantástico cambiar impresións
con vostede, Dra. Winslow.

728
00:37:37,463 --> 00:37:38,631
Dr. Campion.

729
00:38:25,594 --> 00:38:27,972
Camala, que pasa?

730
00:38:27,972 --> 00:38:32,560
Convoquei esta reunión non programada
porque teño unha nova incrible.

731
00:38:32,560 --> 00:38:33,477
Que é?

732
00:38:33,477 --> 00:38:36,772
Non quero ser gafe,
pero contactei con Klaus Von Klaus.

733
00:38:36,772 --> 00:38:37,898
- Non.
- Si.

734
00:38:37,898 --> 00:38:40,067
- Quen?
- Quere colocar o produto.

735
00:38:40,067 --> 00:38:42,111
Que significa iso exactamente?

736
00:38:42,111 --> 00:38:46,032
Significa que Klaus Von Klaus
me vai pagar por levar a súa roupa.

737
00:38:46,032 --> 00:38:48,242
Pero xa tes un vestido da Daisy esa.

738
00:38:48,242 --> 00:38:51,704
Non é para Emma.
É para vostede e as damas de honor.

739
00:38:51,704 --> 00:38:54,415
Iso significa que a avoa Winslow levará

740
00:38:54,415 --> 00:38:55,708
este!

741
00:39:00,713 --> 00:39:02,048
Emma, estás segura?

742
00:39:02,882 --> 00:39:06,886
É unha excelente oportunidade
cun patrocinador magnífico.

743
00:39:08,304 --> 00:39:10,806
Xa, pero é unha voda, non un funeral.

744
00:39:11,390 --> 00:39:13,476
#ANoivaSempreTenRazón.

745
00:39:13,476 --> 00:39:16,520
Nada tan elegante
coma unha voda en branco e negro.

746
00:39:17,021 --> 00:39:19,315
- Se é o que ti queres...
- Grazas.

747
00:39:20,983 --> 00:39:23,778
Unha vez resolto iso,
falemos do ensaio da cea.

748
00:39:23,778 --> 00:39:26,655
Escribín unhas palabras para o seu brinde.

749
00:39:26,655 --> 00:39:28,574
- Escribiume o discurso?
- Non.

750
00:39:28,574 --> 00:39:30,785
- Ben.
- Teño un redactor que o fai.

751
00:39:30,785 --> 00:39:31,827
Está de broma.

752
00:39:31,827 --> 00:39:35,915
Cos millóns de visitas á páxina de Emma,
hai que ter todo controlado.

753
00:39:35,915 --> 00:39:40,002
Transmitiremos en directo o ensaio
de cea, a cerimonia e a recepción.

754
00:39:40,002 --> 00:39:41,587
Podes lelo polo menos?

755
00:39:43,589 --> 00:39:44,423
Si.

756
00:39:45,007 --> 00:39:45,883
Moi ben.

757
00:40:07,738 --> 00:40:10,741
Se non soubese o que sei,
diría que houbo maxia

758
00:40:10,741 --> 00:40:13,119
entre ti e Lana bailando onte.

759
00:40:13,119 --> 00:40:15,329
Abstente de provocar, por favor.

760
00:40:15,329 --> 00:40:17,957
Temo que iso non é posible.

761
00:40:18,499 --> 00:40:20,751
- Facede coma se nada.
- Vale.

762
00:40:20,751 --> 00:40:22,878
Ei, ola!

763
00:40:22,878 --> 00:40:24,255
Ah, ola.

764
00:40:24,880 --> 00:40:27,174
Ola, espero non interrompervos.

765
00:40:27,174 --> 00:40:28,592
Non, para nada.

766
00:40:29,135 --> 00:40:30,428
Ese está no menú?

767
00:40:31,011 --> 00:40:32,221
Deixa de babear.

768
00:40:32,221 --> 00:40:35,391
Tomarei os músculos
con adobío de perna e coxa.

769
00:40:38,811 --> 00:40:40,312
Si, agora non podo falar.

770
00:40:40,312 --> 00:40:43,691
Xa vexo que a cousa
non quedou no pickleball.

771
00:40:43,691 --> 00:40:45,568
A bebida é menos perigosa.

772
00:40:46,318 --> 00:40:47,153
Todo ben?

773
00:40:47,862 --> 00:40:49,029
Si, é do traballo.

774
00:40:49,905 --> 00:40:50,906
Que tal a lesión?

775
00:40:51,490 --> 00:40:52,575
A remollo agora.

776
00:40:53,492 --> 00:40:54,452
Alégrome.

777
00:40:54,452 --> 00:40:57,121
Pensei que tiñas obrigas
como nai da noiva.

778
00:40:57,121 --> 00:40:59,665
Camala deulle o resto do día libre.

779
00:40:59,665 --> 00:41:00,875
E iso está ben.

780
00:41:01,459 --> 00:41:04,044
É fantástico ter un día libre.

781
00:41:04,044 --> 00:41:07,673
- Non pareces entusiasmada.
- Mente descaradamente.

782
00:41:08,174 --> 00:41:10,676
A verdade é que ver a Emma marchar do niño

783
00:41:10,676 --> 00:41:12,678
é a cousa máis difícil do mundo.

784
00:41:12,678 --> 00:41:15,890
Estou moi orgullosa dela,
pero isto tamén ten algo...

785
00:41:16,682 --> 00:41:17,516
de triste.

786
00:41:18,225 --> 00:41:20,227
Non é só que a vou botar en falta.

787
00:41:20,769 --> 00:41:23,105
É algo... que non sei explicar.

788
00:41:23,105 --> 00:41:27,401
Porque xa estamos todos
totalmente anticuados.

789
00:41:28,360 --> 00:41:30,446
Si, é xusto iso.

790
00:41:31,947 --> 00:41:33,282
Teño que marchar.

791
00:41:33,282 --> 00:41:37,203
Ofrecinme voluntario
para facer unhas horas na clínica local.

792
00:41:37,203 --> 00:41:38,787
Non estabas de vacacións?

793
00:41:38,787 --> 00:41:42,917
Como lle dixen a Lana onte á noite,
non se me dan ben as vacacións.

794
00:41:42,917 --> 00:41:45,961
- Onte á noite?
- Deixoume aburrila tomando algo.

795
00:41:46,545 --> 00:41:48,380
Non foi aburrido en absoluto.

796
00:41:48,380 --> 00:41:50,633
Teño que marchar. Ven aquí.

797
00:41:54,428 --> 00:41:55,638
Ata logo, xente.

798
00:41:58,516 --> 00:42:00,935
Facer traballo voluntario nunha clínica,

799
00:42:00,935 --> 00:42:04,772
cuns ollos máis travesos
ca os dunha camada de gatos.

800
00:42:04,772 --> 00:42:07,274
O tipo está fantástico, non?

801
00:42:09,026 --> 00:42:10,653
E este día tamén.

802
00:42:10,653 --> 00:42:13,781
Desde cando non temos
un día libre sen nada que facer?

803
00:42:13,781 --> 00:42:16,867
Desde o segundo ano da carreira.
Chegamos un día antes das clases.

804
00:42:16,867 --> 00:42:19,161
Mercamos un barril co carné falso de Lana

805
00:42:19,161 --> 00:42:22,289
e logo fomos
a Santa Cruz na furgoneta de Will.

806
00:42:22,289 --> 00:42:24,458
- Deus.
- Ata tiven unha furgoneta.

807
00:42:24,458 --> 00:42:27,044
Tamén eu tiven un carné falso.

808
00:42:27,044 --> 00:42:27,962
Si.

809
00:42:29,255 --> 00:42:31,340
Na parte sur do complexo hoteleiro,

810
00:42:31,340 --> 00:42:34,843
hai unha preciosa praia
á que se pode ir coa marea baixa.

811
00:42:35,386 --> 00:42:36,887
Pensades o mesmo ca min?

812
00:42:37,805 --> 00:42:38,681
O mesmiño.

813
00:43:31,400 --> 00:43:32,359
Estás lista?

814
00:43:32,985 --> 00:43:35,988
A sesión de fotos da praia
xa leva 10 000 gústames.

815
00:43:35,988 --> 00:43:37,364
Canto leva subida?

816
00:43:37,364 --> 00:43:38,949
Menos dunha hora.

817
00:43:40,034 --> 00:43:40,993
Déixame ver.

818
00:43:42,786 --> 00:43:43,621
Si.

819
00:43:44,455 --> 00:43:46,624
- Devólvemo.
- Non.

820
00:43:47,124 --> 00:43:49,918
- RJ, teño moito traballo.
- Estamos no paraíso.

821
00:43:49,918 --> 00:43:53,631
O traballo que espere.
Falaches de irmos tomar algo á cidade.

822
00:43:53,631 --> 00:43:55,758
Dáme dez minutos, vale?

823
00:43:58,177 --> 00:43:59,303
Si, o que ti digas.

824
00:44:05,726 --> 00:44:07,728
Non che importa que traballe?

825
00:44:07,728 --> 00:44:09,563
Non, dálle.

826
00:44:16,028 --> 00:44:19,698
<i>Imos casar,</i>

827
00:44:20,282 --> 00:44:22,451
<i>imos para a capela</i>

828
00:44:22,451 --> 00:44:26,705
<i>e imos casar...</i>

829
00:44:26,705 --> 00:44:28,749
- Iso desconcéntrame.
- Perdón.

830
00:44:31,877 --> 00:44:34,004
<i>Quéroche moito</i>

831
00:44:34,004 --> 00:44:38,634
<i>e imos casar.</i>

832
00:44:43,305 --> 00:44:47,518
- Non cantas o último verso?
- Dixeches que tiñas que concentrarte.

833
00:44:49,728 --> 00:44:54,900
<i>- Imos á capela do amor.
- Imos á capela do amor.</i>

834
00:44:57,986 --> 00:44:59,655
Grazas.

835
00:45:02,991 --> 00:45:07,621
Si, parece que a tía Janice
xa está fóra de combate.

836
00:45:07,621 --> 00:45:09,581
Estou esperta.

837
00:45:09,581 --> 00:45:11,792
Por que todo sabe mellor na praia?

838
00:45:11,792 --> 00:45:13,001
É a area.

839
00:45:14,336 --> 00:45:16,755
Non é a area, é a compañía.

840
00:45:16,755 --> 00:45:18,799
- Brindo por iso.
- Saúde.

841
00:45:20,092 --> 00:45:23,053
Janice, lembras
que ti e eu fixeramos un pacto?

842
00:45:23,053 --> 00:45:27,224
Se non estabamos casados
aos 35, casariamos un co outro.

843
00:45:27,224 --> 00:45:28,392
Era un bo plan.

844
00:45:28,392 --> 00:45:30,686
Non che preocupaba que el fose gay?

845
00:45:31,270 --> 00:45:32,771
Un problemiña menor.

846
00:45:32,771 --> 00:45:34,815
Logo ela fuxiu con outro.

847
00:45:34,815 --> 00:45:36,900
Si, Franco, o chef.

848
00:45:36,900 --> 00:45:40,738
Nunca entendín que lle vías
a ese tipo, á parte das tortillas.

849
00:45:42,114 --> 00:45:44,241
Acabara a festa e estaba dispoñible.

850
00:45:44,241 --> 00:45:47,661
El estaba moi dispoñible,
mesmo despois de casar.

851
00:45:47,661 --> 00:45:49,288
Todos cometemos erros.

852
00:45:49,788 --> 00:45:53,625
E ti que, Will?
Cometiches algún erro na vida?

853
00:45:56,378 --> 00:45:57,921
É difícil contestar.

854
00:45:59,423 --> 00:46:01,675
Estádesvos poñendo demasiado serios.

855
00:46:01,675 --> 00:46:03,302
- Cambiemos de tema.
- Iso.

856
00:46:03,302 --> 00:46:08,182
Que fariamos agora se estivésemos
naquela praia de Santa Cruz?

857
00:46:09,183 --> 00:46:10,517
- Iso non.
- E logo?

858
00:46:10,517 --> 00:46:13,270
- Porque non temos 18.
- Grazas.

859
00:46:13,270 --> 00:46:16,899
E logo hai que ter 18 para divertirse?
Quen vén comigo?

860
00:46:17,483 --> 00:46:20,819
Sabes que no complexo
está prohibido o nudismo, non?

861
00:46:20,819 --> 00:46:23,197
É unha praia deserta. Non hai ninguén.

862
00:46:23,197 --> 00:46:26,366
Cando volveremos ter
outro momento coma este?

863
00:46:26,366 --> 00:46:28,994
Ídesme facer erguer?

864
00:46:28,994 --> 00:46:30,621
Eu vou se vai Lana.

865
00:46:31,205 --> 00:46:32,498
Pois non sei.

866
00:46:37,127 --> 00:46:39,004
- Unha carreira!
- Ah, non.

867
00:46:39,004 --> 00:46:40,172
Non, parade.

868
00:47:03,487 --> 00:47:05,697
As mulleres, incorporádevos un pouco.

869
00:47:08,575 --> 00:47:09,493
Ben!

870
00:47:10,077 --> 00:47:12,204
Perfecto. Este tipo...

871
00:47:12,204 --> 00:47:13,997
Sabía que caería!

872
00:47:13,997 --> 00:47:15,874
Vale, por agora chega.

873
00:47:17,584 --> 00:47:18,919
Paramos cinco minutos.

874
00:47:19,586 --> 00:47:21,129
Em, que pasa?

875
00:47:21,630 --> 00:47:22,548
Nada.

876
00:47:23,590 --> 00:47:24,925
Em, espera.

877
00:47:27,177 --> 00:47:28,387
Como que nada?

878
00:47:28,971 --> 00:47:29,888
Veña.

879
00:47:29,888 --> 00:47:32,182
Díxoche teu pai por que deixou a miña nai?

880
00:47:33,517 --> 00:47:35,310
Só dixo que fora complicado.

881
00:47:35,310 --> 00:47:37,479
Ela dixo que a collera de sorpresa.

882
00:47:37,479 --> 00:47:41,775
El saía seguido a divertirse
e ela nin sabía que fallaba algo.

883
00:47:41,775 --> 00:47:43,110
Cres que son coma el?

884
00:47:43,110 --> 00:47:45,904
Ti tamén tes as túas rarezas.

885
00:47:45,904 --> 00:47:47,364
E a ti fódeche.

886
00:47:47,364 --> 00:47:49,533
Non, non é iso.

887
00:47:51,118 --> 00:47:52,160
É que...

888
00:47:53,036 --> 00:47:56,164
É que... ti es algo figureiro.

889
00:47:56,164 --> 00:47:58,375
Non sei se me podo fiar do que dis.

890
00:47:59,877 --> 00:48:01,712
Estás de broma, non?

891
00:48:01,712 --> 00:48:03,881
Igual non estás seguro sobre o noso

892
00:48:03,881 --> 00:48:07,009
e tentas ocultar o que realmente sentes.

893
00:48:07,009 --> 00:48:11,513
Un día igual te decatas
de que cometiches un erro tremendo e logo...

894
00:48:11,513 --> 00:48:12,598
Escóitame.

895
00:48:12,598 --> 00:48:15,684
Eu non sei o que pasou
entre túa nai e meu pai.

896
00:48:15,684 --> 00:48:20,147
Pero, fose o que fose,
pasoulles a eles, non a nós.

897
00:48:20,647 --> 00:48:24,109
- Pero se lles pasou a eles...
- Eu non sou meu pai, Em.

898
00:48:25,527 --> 00:48:28,238
Se oculto algo,

899
00:48:28,238 --> 00:48:29,823
é o moito que che quero.

900
00:48:29,823 --> 00:48:32,409
Porque a verdade é que me asusta.

901
00:48:33,535 --> 00:48:35,203
Ti es todo.

902
00:48:35,787 --> 00:48:36,705
Es o sol,

903
00:48:37,331 --> 00:48:40,542
es a lúa, es... as estrelas.

904
00:48:41,793 --> 00:48:43,462
Iso é moi melindroso.

905
00:48:44,463 --> 00:48:45,797
E iso é malo?

906
00:48:52,054 --> 00:48:56,725
Non lembro unha mañá seguinte tan...
incómoda coma esta.

907
00:48:56,725 --> 00:48:58,018
Pero pagou a pena.

908
00:48:58,018 --> 00:49:00,145
Por que berras?

909
00:49:00,145 --> 00:49:01,688
Por que vai tanta calor?

910
00:49:01,688 --> 00:49:04,441
Aquí pódeche vir
a menopausa sen te decatar.

911
00:49:04,942 --> 00:49:06,193
Entón, que?

912
00:49:07,486 --> 00:49:10,405
Xa vexo que ides de incógnito.

913
00:49:10,405 --> 00:49:12,866
Demasiada troula onte á noite.

914
00:49:12,866 --> 00:49:14,034
Ben feito.

915
00:49:14,034 --> 00:49:16,662
Algunhas non o levamos tan ben coma antes.

916
00:49:17,204 --> 00:49:20,123
Aquí a avoa ten resaca.

917
00:49:20,666 --> 00:49:23,126
A festa tiña algo que ver coa voda?

918
00:49:23,126 --> 00:49:27,631
Non, foi unha festa privada
baixo a lúa chea.

919
00:49:27,631 --> 00:49:29,424
Non sabía que había lúa chea.

920
00:49:29,424 --> 00:49:31,843
E tamén había moita pel núa.

921
00:49:34,221 --> 00:49:35,639
Que tal na clínica?

922
00:49:35,639 --> 00:49:38,058
Ben, moita xente interesante.

923
00:49:38,642 --> 00:49:40,811
Pero hoxe vouno tomar con calma.

924
00:49:40,811 --> 00:49:42,354
Brindo por iso.

925
00:49:43,689 --> 00:49:44,523
Mellor non.

926
00:49:44,523 --> 00:49:45,524
Escoita.

927
00:49:46,066 --> 00:49:49,111
Como o outro día non tivemos moito tempo,

928
00:49:49,111 --> 00:49:50,946
queres ir cear hoxe?

929
00:49:51,530 --> 00:49:52,364
Ti e eu.

930
00:49:53,073 --> 00:49:56,326
Xa sei que estás moi ocupada,
pero pon unha escusa...

931
00:49:56,326 --> 00:49:57,369
Encantaríame.

932
00:49:58,370 --> 00:49:59,496
Si?

933
00:50:00,455 --> 00:50:01,873
É unha idea fantástica.

934
00:50:02,582 --> 00:50:04,751
- Vémonos na recepción ás sete.
- Si.

935
00:50:04,751 --> 00:50:06,086
Agardo impaciente.

936
00:50:08,839 --> 00:50:11,049
Explícame que acaba de pasar.

937
00:50:11,925 --> 00:50:16,304
Onte decateime de que Will e eu
non temos que estar tan tensos seguido.

938
00:50:17,222 --> 00:50:20,100
Hai que tomalo con calma
e axudar os fillos.

939
00:50:20,684 --> 00:50:22,602
Por certo, Lucas está estupendo.

940
00:50:22,602 --> 00:50:25,230
Tiñas razón, teño que ir soltándome.

941
00:50:25,230 --> 00:50:26,523
Claro que si!

942
00:50:26,523 --> 00:50:28,191
Gústame esa actitude.

943
00:50:30,610 --> 00:50:32,946
Harley quere falar comigo no ximnasio.

944
00:50:32,946 --> 00:50:35,991
Se pregunta, dille que estou dispoñible.

945
00:50:39,077 --> 00:50:41,580
Iso non está ben.

946
00:50:45,083 --> 00:50:47,044
Vale, si.

947
00:50:49,463 --> 00:50:50,297
O que?

948
00:50:52,883 --> 00:50:54,843
- Will, que fas aquí?
- Non sei.

949
00:50:54,843 --> 00:50:56,970
Harley, que pasa?

950
00:50:56,970 --> 00:51:00,682
Houbo xunta de seguridade
á mañá e teño que informalos.

951
00:51:00,682 --> 00:51:03,685
- Seguridade? Parece serio.
- Éo.

952
00:51:03,685 --> 00:51:07,981
Onte houbo un incidente que molestou
os nosos convidados corporativos.

953
00:51:07,981 --> 00:51:09,024
Que incidente?

954
00:51:09,608 --> 00:51:11,943
Exhibicionismo no complexo hoteleiro.

955
00:51:14,696 --> 00:51:17,032
Iso é lamentable.

956
00:51:17,032 --> 00:51:21,078
Describiron os convidados
como eran estes trastes?

957
00:51:21,078 --> 00:51:22,370
Non fixo falta.

958
00:51:22,370 --> 00:51:26,500
Temos cámaras de seguridade por todo,
se queren ver os vídeos.

959
00:51:27,125 --> 00:51:27,959
Non.

960
00:51:28,668 --> 00:51:31,671
- Non era unha praia deserta?
- Non sabía o das cámaras.

961
00:51:31,671 --> 00:51:33,882
Mire, Harley, isto é culpa miña.

962
00:51:33,882 --> 00:51:37,344
Harley, se non lle importa,

963
00:51:37,344 --> 00:51:39,137
que isto quede entre nós.

964
00:51:41,264 --> 00:51:44,184
De acordo, pero que non volva pasar.

965
00:51:44,184 --> 00:51:45,185
De acordo.

966
00:51:45,185 --> 00:51:46,937
Nunca máis.

967
00:51:47,646 --> 00:51:50,440
Ah, e Janice manda saúdos.

968
00:51:50,440 --> 00:51:54,486
Dígalle que é... moi fotoxénica.

969
00:51:55,070 --> 00:51:55,904
De acordo.

970
00:51:59,324 --> 00:52:01,368
Teñen vídeos. Que imos facer?

971
00:52:01,368 --> 00:52:04,371
Nada. Só os verían
Harley e os de seguridade.

972
00:52:05,163 --> 00:52:07,541
Ah, e mais as do servizo.

973
00:52:09,000 --> 00:52:11,503
E o mundo enteiro.

974
00:52:11,503 --> 00:52:13,296
Por iso nos sorrín.

975
00:52:14,047 --> 00:52:15,799
Este é o país dos sorrisos.

976
00:52:16,341 --> 00:52:18,510
Mamá! Como puidestes facer iso?

977
00:52:18,510 --> 00:52:22,013
- Em, se falas do que pasou na praia.
- Manda truco.

978
00:52:22,013 --> 00:52:24,266
Camala ten un desgusto tremendo.

979
00:52:24,266 --> 00:52:26,685
- Queres que chame a Camala?
- Iso non.

980
00:52:26,685 --> 00:52:29,312
Fuches moi maleducada con ela.

981
00:52:29,312 --> 00:52:32,315
Unha mala palabra súa
e Discovery pasa de min.

982
00:52:32,315 --> 00:52:35,193
- Iso non é...
- Queres sabotar a voda?

983
00:52:35,193 --> 00:52:37,237
Ti non queres que case, non?

984
00:52:37,237 --> 00:52:38,405
Eu non dixen iso.

985
00:52:38,405 --> 00:52:39,781
Non, pero pensáchelo.

986
00:52:39,781 --> 00:52:42,325
Ti poñías esa cara cando te enfadabas.

987
00:52:42,325 --> 00:52:43,869
- Non te metas!
- Non te metas!

988
00:52:44,369 --> 00:52:48,039
Em, fixen todo
o que me pediches que fixese.

989
00:52:48,039 --> 00:52:52,210
Aceptei levar un vestido
que me fai parecer Morticia Addams.

990
00:52:52,210 --> 00:52:55,380
E pedídesme que dea
un discurso escrito por outro.

991
00:52:55,964 --> 00:52:59,759
Estaste esquecendo do importante.

992
00:52:59,759 --> 00:53:01,636
Estaste esquecendo de quen es.

993
00:53:01,636 --> 00:53:06,141
Emma, nin se mencionou a organización
benéfica que ías promocionar.

994
00:53:06,141 --> 00:53:10,854
Nin unha vez. Todo vai tan rápido
que non me estraña que esteas confusa.

995
00:53:10,854 --> 00:53:12,564
Non estou confusa!

996
00:53:12,564 --> 00:53:14,858
Camala traballa para a empresa matriz

997
00:53:14,858 --> 00:53:17,777
e, gústeche ou non,
son moi importantes para min.

998
00:53:17,777 --> 00:53:21,156
Serán da túa empresa matriz,
pero eu son túa nai.

999
00:53:21,156 --> 00:53:24,826
As vodas son cousa da familia,
non só unha sesión de fotos.

1000
00:53:24,826 --> 00:53:27,621
Se o pasas tan mal, por que non marchas?

1001
00:53:27,621 --> 00:53:28,705
Em!

1002
00:53:29,206 --> 00:53:30,040
Emma!

1003
00:53:32,709 --> 00:53:34,169
Que é o que lle pasa?

1004
00:53:34,169 --> 00:53:36,671
Tranquila. Precisa ter o seu espazo.

1005
00:53:36,671 --> 00:53:40,133
Igual ten razón.
Debía marchar e arredar do medio.

1006
00:53:40,133 --> 00:53:41,843
Ti e ela non queredes iso.

1007
00:53:41,843 --> 00:53:43,261
E que fago eu?

1008
00:53:43,261 --> 00:53:45,472
Separádevos un pouco. Veña.

1009
00:53:47,974 --> 00:53:50,227
Harley falou dun gran sitio na costa.

1010
00:53:50,227 --> 00:53:52,437
Teño que estar de volta nunha hora.

1011
00:53:52,437 --> 00:53:53,521
De acordo.

1012
00:54:12,123 --> 00:54:13,458
Facíame falta isto.

1013
00:54:14,167 --> 00:54:15,293
Xa o sei.

1014
00:54:17,170 --> 00:54:18,797
Coñécesme ben, non?

1015
00:54:19,631 --> 00:54:23,260
Hai cousas que non se esquecen,
por moito que o intentes.

1016
00:54:36,064 --> 00:54:38,233
Ola.

1017
00:54:38,233 --> 00:54:40,652
Podo levar ese de xacintos?

1018
00:54:41,861 --> 00:54:42,696
Grazas.

1019
00:54:48,118 --> 00:54:48,952
Que pasa?

1020
00:54:49,536 --> 00:54:50,412
Espera.

1021
00:54:57,836 --> 00:54:59,212
Veña, dálle agora.

1022
00:55:04,968 --> 00:55:07,470
Cago en tal. Acabouse a batería.

1023
00:55:07,470 --> 00:55:10,598
Ala. Teño que probar o vestido.

1024
00:55:10,598 --> 00:55:12,017
Non podo chegar tarde.

1025
00:55:12,017 --> 00:55:13,518
Emma vaime matar.

1026
00:55:13,518 --> 00:55:15,687
Tómao con calma, vale?

1027
00:55:15,687 --> 00:55:18,231
O hotel mandará alguén buscarnos.

1028
00:55:20,608 --> 00:55:21,526
Que raro!

1029
00:55:22,444 --> 00:55:23,528
Non hai cobertura.

1030
00:55:24,029 --> 00:55:27,824
Para que ían colocar
antenas de telefonía móbil aquí?

1031
00:55:27,824 --> 00:55:29,659
Para usárena os pelicanos?

1032
00:55:29,659 --> 00:55:33,496
Non hai pelicanos nesta rexión
e non teñen dedos para agarrar.

1033
00:55:33,496 --> 00:55:35,206
Iso agora non importa.

1034
00:55:35,206 --> 00:55:38,043
O importante é solucionarmos o problema.

1035
00:55:38,043 --> 00:55:40,211
Moi boa idea. Só precisamos

1036
00:55:40,211 --> 00:55:43,173
unhas pinzas de 20 millas
que cheguen ao hotel.

1037
00:55:43,173 --> 00:55:46,343
Non, precisamos
que alguén nos leve de volta. Doado.

1038
00:55:46,343 --> 00:55:50,388
Pero estamos no cabo do mundo
e non vimos un coche en toda a tarde.

1039
00:55:50,388 --> 00:55:51,890
Veña, temos que ir a pé.

1040
00:55:51,890 --> 00:55:54,851
A pé? Levaranos horas
e estou en chanquetas. Non.

1041
00:55:54,851 --> 00:55:56,061
Ven ti por aquí.

1042
00:55:56,061 --> 00:55:57,645
Espera. A onde vas?

1043
00:55:58,688 --> 00:56:03,693
Descubrirannos máis facilmente se facemos
lume na praia e lle acenamos a un barco.

1044
00:56:04,194 --> 00:56:06,196
En serio? Lana.

1045
00:56:07,405 --> 00:56:09,991
Lana. Viches ese terreo?

1046
00:56:18,500 --> 00:56:20,794
Túa nai debía vir hai hora e media.

1047
00:56:20,794 --> 00:56:23,046
Mandeille mensaxes e non contesta.

1048
00:56:23,046 --> 00:56:24,798
Non perdamos máis tempo.

1049
00:56:25,298 --> 00:56:27,717
Mira estas fotos, a ver que che parecen.

1050
00:56:30,345 --> 00:56:31,179
Son moi boas.

1051
00:56:31,721 --> 00:56:33,139
Hai algunha da familia?

1052
00:56:33,139 --> 00:56:34,641
Sacámolas na cerimonia.

1053
00:56:34,641 --> 00:56:37,519
Non vexo nada
que poida usar no Ocean Institute.

1054
00:56:38,478 --> 00:56:40,730
Emma, pensei que tiñamos a mesma idea.

1055
00:56:40,730 --> 00:56:43,566
O que é bo para empresa, é bo para ti.

1056
00:56:43,566 --> 00:56:45,485
- Este?
- Non.

1057
00:56:46,444 --> 00:56:47,862
Si temos a mesma idea.

1058
00:56:56,079 --> 00:56:58,498
Este será o sitio de que falaba Harley.

1059
00:56:58,498 --> 00:57:01,084
É precioso.

1060
00:57:01,626 --> 00:57:05,046
Si, agora entendo.
Por alí pasará algún barco, seguro.

1061
00:57:07,257 --> 00:57:09,092
Si, foi boa idea.

1062
00:57:09,092 --> 00:57:11,052
Lembras como facer lume?

1063
00:57:11,678 --> 00:57:12,762
Tes un chisqueiro?

1064
00:57:13,596 --> 00:57:14,472
En serio?

1065
00:57:31,322 --> 00:57:32,740
Queres falar?

1066
00:57:34,742 --> 00:57:38,288
É sobre miña nai.
Non veu probar o vestido esta tarde.

1067
00:57:38,955 --> 00:57:43,877
Xúrocho, RJ, esa muller
está decidida a estragarme a vida.

1068
00:57:44,502 --> 00:57:48,840
- Iso non o pensas de verdade.
- Estame volvendo tola.

1069
00:57:48,840 --> 00:57:52,177
Dixo que me estou esquecendo de quen son.

1070
00:57:53,261 --> 00:57:56,723
Que? Iso é... de tolos.

1071
00:57:56,723 --> 00:58:00,727
Non ten nin idea
do difícil que é ser a súa filla.

1072
00:58:00,727 --> 00:58:05,273
É moi lista e ten razón,
mesmo cando non a debía ter.

1073
00:58:05,273 --> 00:58:07,400
Por iso eu a detesto.

1074
00:58:08,693 --> 00:58:11,321
Pero... tamén me detesto a min mesma

1075
00:58:11,321 --> 00:58:13,531
porque só fai o que fan as nais,

1076
00:58:13,531 --> 00:58:17,744
que é intentar axudar,
mesmo cando non sabe como.

1077
00:58:18,286 --> 00:58:20,788
Eu tamén serei así, se temos fillos.

1078
00:58:21,706 --> 00:58:23,958
Pero logo decátome de que terán sorte

1079
00:58:23,958 --> 00:58:26,878
se, como nai,
son a metade do boa que ela é.

1080
00:58:31,090 --> 00:58:33,384
Creo que debías falar con túa nai.

1081
00:58:38,765 --> 00:58:39,766
Harley!

1082
00:58:40,266 --> 00:58:41,392
Ola.

1083
00:58:41,392 --> 00:58:42,727
Viu a miña nai?

1084
00:58:42,727 --> 00:58:45,271
Foi dar unha volta no meu jeep con Will.

1085
00:58:45,271 --> 00:58:46,564
Xa é algo tarde.

1086
00:58:47,065 --> 00:58:49,317
- E estás preocupada por ela.
- Algo.

1087
00:58:49,901 --> 00:58:51,694
Tranquila. Vou polo meu barco.

1088
00:58:51,694 --> 00:58:53,154
Pero non ían en coche?

1089
00:58:53,738 --> 00:58:57,492
Si, pero, coñecéndoos,
agora estarán na Praia dos Amantes.

1090
00:58:57,492 --> 00:58:58,618
Por que cre iso?

1091
00:59:08,253 --> 00:59:09,420
Isto é divertido.

1092
00:59:10,255 --> 00:59:12,090
Sempre nos soubemos divertir.

1093
00:59:12,090 --> 00:59:13,508
Si, soubemos.

1094
00:59:13,508 --> 00:59:16,135
Axuda ter a máxima condecoración de scout.

1095
00:59:16,135 --> 00:59:18,429
Ti non tes a máxima condecoración.

1096
00:59:19,347 --> 00:59:21,599
Sabemos todo un do outro.

1097
00:59:21,599 --> 00:59:22,809
Así somos sinceros.

1098
00:59:22,809 --> 00:59:25,478
Falando de ser sinceros, temos que falar.

1099
00:59:25,478 --> 00:59:26,938
Non temos, non.

1100
00:59:26,938 --> 00:59:29,148
Lana, por favor, escóitame.

1101
00:59:29,148 --> 00:59:33,778
Ti negácheste a falar hai 30 anos.
Por que te ía escoitar agora?

1102
00:59:33,778 --> 00:59:37,824
Espera. Negueime eu a falar?
Ti cambiaches o teléfono e mudácheste.

1103
00:59:37,824 --> 00:59:41,202
Queres falar diso? Veña, falamos.

1104
00:59:41,202 --> 00:59:44,038
Fixen iso para protexerme.

1105
00:59:44,622 --> 00:59:47,500
- Levoume moito tempo superarte.
- Pois levou...

1106
00:59:47,500 --> 00:59:49,502
Pero fíxome forte.

1107
00:59:49,502 --> 00:59:51,546
E refixen a miña vida.

1108
00:59:51,546 --> 00:59:53,339
Cando morreu o pai de Emma,

1109
00:59:54,173 --> 00:59:57,552
sabía que o superaría
porque xa perdera alguén antes.

1110
00:59:57,552 --> 00:59:59,262
Podo dicir algo?

1111
00:59:59,262 --> 01:00:00,722
Casaches coa nai de RJ.

1112
01:00:00,722 --> 01:00:03,766
Eu casei co pai de Emma
e ti esquecícheste de min.

1113
01:00:03,766 --> 01:00:06,853
Así que, desculpa, preciso tomar o aire.

1114
01:00:07,770 --> 01:00:10,440
Xa sei que estamos fóra,

1115
01:00:11,024 --> 01:00:12,609
pero o aire é mellor aquí.

1116
01:00:15,069 --> 01:00:16,446
Por amor de Deus, Lana,

1117
01:00:17,447 --> 01:00:18,448
non te esquecín.

1118
01:00:18,448 --> 01:00:21,784
Se che importase algo,
non desaparecerías así.

1119
01:00:21,784 --> 01:00:23,494
Non marchei por culpa túa.

1120
01:00:23,494 --> 01:00:27,165
Eu daquela estaba moi perdido
e ti xa sabías o que querías,

1121
01:00:27,165 --> 01:00:30,084
conseguir bolsas
para cursos de posgraduado.

1122
01:00:30,084 --> 01:00:32,795
Ti xa tiñas moi claro
o que querías e eu non.

1123
01:00:32,795 --> 01:00:37,342
Pensaba que era un lastre para ti
e que nin te decatarías de que marchara.

1124
01:00:37,884 --> 01:00:40,595
Se eu soubese iso, poderíache axudar.

1125
01:00:40,595 --> 01:00:43,431
Xa, pero eu precisaba
enfrontarme a min mesmo.

1126
01:00:43,973 --> 01:00:45,933
Precisaba descubrir quen era.

1127
01:00:46,517 --> 01:00:49,687
E intentar ser algo máis
ca un simple trouleiro.

1128
01:00:50,271 --> 01:00:53,983
Precisaba sentir que te merecía.

1129
01:00:53,983 --> 01:00:55,026
Que me merecías?

1130
01:00:56,277 --> 01:00:57,528
Eu xa te quería.

1131
01:00:58,112 --> 01:00:59,155
Lana, mira. Non...

1132
01:00:59,864 --> 01:01:02,492
Non digo que non a cagase. Cagueina moito.

1133
01:01:02,992 --> 01:01:06,371
Pero cando me decatei,
ti xa me pecharas a porta.

1134
01:01:06,371 --> 01:01:09,499
- Entón, foi culpa miña.
- Non foi culpa de ninguén.

1135
01:01:09,499 --> 01:01:10,958
Así é a vida.

1136
01:01:10,958 --> 01:01:13,252
Por iso decidín volver buscarte.

1137
01:01:13,252 --> 01:01:17,382
Busquei o teu enderezo
e fun a California ao teu laboratorio.

1138
01:01:18,216 --> 01:01:19,592
- Si?
- Si.

1139
01:01:19,592 --> 01:01:22,011
Dixéronme que estabas de lúa de mel.

1140
01:01:22,595 --> 01:01:24,347
Entón, volvín a Hartford.

1141
01:01:24,347 --> 01:01:27,684
Coñecín a nai de RJ un mes despois
e casamos aos tres meses.

1142
01:01:27,684 --> 01:01:31,104
Pero o matrimonio non durou
porque non nos queriamos.

1143
01:01:31,104 --> 01:01:33,690
Porque eu aínda estaba namorado ti.

1144
01:01:35,191 --> 01:01:36,401
Volviches buscarme?

1145
01:01:36,401 --> 01:01:37,443
Volvín.

1146
01:01:38,027 --> 01:01:38,861
E agora,

1147
01:01:39,445 --> 01:01:43,741
grazas a un milagre
incrible e inexplicable,

1148
01:01:43,741 --> 01:01:46,703
dásenos outra ocasión, se ti queres.

1149
01:01:46,703 --> 01:01:48,621
Non o sei, pero, se ti queres,

1150
01:01:51,082 --> 01:01:52,417
non podemos estragala.

1151
01:01:54,168 --> 01:01:57,380
Se non funcionou antes,
por que ía funcionar agora?

1152
01:01:57,380 --> 01:02:00,091
Para empezar, agora falamos.

1153
01:02:00,091 --> 01:02:01,592
Daquela non falabamos.

1154
01:02:01,592 --> 01:02:03,803
Non cometeremos os mesmos erros.

1155
01:02:03,803 --> 01:02:05,680
- Cometeremos outros.
- Seguro.

1156
01:02:05,680 --> 01:02:07,306
Pero cometerémolos xuntos.

1157
01:02:08,266 --> 01:02:09,517
Os dous cambiamos.

1158
01:02:12,437 --> 01:02:15,273
Daquela eu igual era algo intensa.

1159
01:02:15,273 --> 01:02:16,899
Igual?

1160
01:02:17,859 --> 01:02:18,860
A ver, ho.

1161
01:02:18,860 --> 01:02:22,321
Escoita, dime
que non sentes nada por min agora

1162
01:02:22,321 --> 01:02:24,198
e nunca máis direi nada.

1163
01:02:25,408 --> 01:02:27,618
Á parte da gana de matarte, dis?

1164
01:02:29,162 --> 01:02:30,788
Iso é sentir algo.

1165
01:02:47,764 --> 01:02:51,601
Debíala levar a Koh Samui.
É precioso nesta época do ano.

1166
01:02:51,601 --> 01:02:55,271
Estamos pensando en ir, seguro.
Xa non hai voos dispoñibles.

1167
01:03:23,341 --> 01:03:24,550
Bótoche unha man.

1168
01:03:25,051 --> 01:03:26,803
Ola, Lucas.

1169
01:03:27,470 --> 01:03:28,971
Estas son para ti.

1170
01:03:28,971 --> 01:03:33,059
Grazas. Síntoo moitísimo.

1171
01:03:33,059 --> 01:03:36,312
Emma e eu discutimos
e fun dar unha volta con Will e...

1172
01:03:36,312 --> 01:03:38,606
Xa imaxinei que pasara algo.

1173
01:03:38,606 --> 01:03:40,942
Quedamos para cear outro día?

1174
01:03:40,942 --> 01:03:42,193
Eu...

1175
01:03:44,779 --> 01:03:47,365
Creo que xa tes abondo co que tes agora.

1176
01:03:47,365 --> 01:03:49,200
A ver, Lucas. Will e eu...

1177
01:03:49,200 --> 01:03:51,661
Lana, tento tomalo con deportividade.

1178
01:03:51,661 --> 01:03:54,163
Non o fagamos máis difícil do que xa é.

1179
01:03:55,331 --> 01:03:57,542
Ti es moi especial, sabes?

1180
01:03:57,542 --> 01:03:59,627
Mira, se o voso non funciona,

1181
01:04:00,586 --> 01:04:01,754
tes o meu teléfono.

1182
01:04:01,754 --> 01:04:03,798
Tereite nos números frecuentes.

1183
01:04:05,299 --> 01:04:07,468
Creo que iso xa non existe.

1184
01:04:07,468 --> 01:04:09,887
Pero pódesme poñer entre os favoritos.

1185
01:04:09,887 --> 01:04:11,097
Iso xa o sabía.

1186
01:04:14,392 --> 01:04:17,270
- Outra vez a oficina?
- Si, nada importante.

1187
01:04:17,812 --> 01:04:19,063
Mamá!

1188
01:04:19,063 --> 01:04:21,065
- Estades ben?
- Todo ben, non?

1189
01:04:21,065 --> 01:04:23,150
Claro que estamos ben.

1190
01:04:23,150 --> 01:04:25,152
Non quero que marches, en serio.

1191
01:04:25,862 --> 01:04:27,655
Quéroche moito.

1192
01:04:27,655 --> 01:04:29,490
- Eu tamén.
- Ruliña.

1193
01:04:29,490 --> 01:04:31,158
Emma! Estás aquí.

1194
01:04:31,158 --> 01:04:35,162
Precisamos fotos túas e das damas de honra
mentres proba o vestido.

1195
01:04:35,162 --> 01:04:36,789
Mellor tarde ca nunca, avoa.

1196
01:04:36,789 --> 01:04:39,208
Díxenche que non me chames avoa.

1197
01:04:39,208 --> 01:04:43,754
Mira, miña nai vai levar o que queira
á voda, coma as damas de honra.

1198
01:04:43,754 --> 01:04:45,756
- Escribirá ela o discurso.
- Si?

1199
01:04:46,465 --> 01:04:48,634
- Si.
- Iso non é boa idea.

1200
01:04:48,634 --> 01:04:50,303
Creo que é moi boa idea.

1201
01:04:50,303 --> 01:04:52,638
Podes cancelar todo o programa

1202
01:04:52,638 --> 01:04:54,891
desde agora ata o ensaio da cea.

1203
01:04:55,474 --> 01:04:57,685
Vou estar coa familia.

1204
01:04:57,685 --> 01:04:59,020
Iso gústame a min.

1205
01:04:59,020 --> 01:05:00,980
- Por fin.
- Pero o programa...

1206
01:05:00,980 --> 01:05:05,109
Camala, xa sei que traballaches moito
e que es a mellor que hai.

1207
01:05:05,109 --> 01:05:07,486
Pero é a miña voda e decido eu.

1208
01:05:07,486 --> 01:05:09,989
- Pero Emma...
- Sabes que?

1209
01:05:09,989 --> 01:05:12,283
Un conselliño. Tranquilízate.

1210
01:05:12,992 --> 01:05:13,993
Toma un Mai Tai.

1211
01:05:17,455 --> 01:05:18,789
Ei, para con iso!

1212
01:05:19,373 --> 01:05:20,416
Para con iso!

1213
01:06:45,334 --> 01:06:49,088
Estades todos fantásticos.

1214
01:06:49,088 --> 01:06:50,881
É incrible que esteamos aquí.

1215
01:06:52,008 --> 01:06:55,136
E tamén que a miña filliña case

1216
01:06:56,262 --> 01:06:57,805
cun rapaz fantástico.

1217
01:06:58,806 --> 01:07:02,059
Traballei toda a noite neste discurso,

1218
01:07:02,059 --> 01:07:03,894
tentando facelo perfecto.

1219
01:07:04,729 --> 01:07:07,565
Pero logo lembrei
o que diría o pai de Emma.

1220
01:07:08,858 --> 01:07:11,402
Tentar dar un discurso perfecto

1221
01:07:11,402 --> 01:07:14,947
non se pode comparar
cun discurso que sae do corazón.

1222
01:07:16,323 --> 01:07:18,242
Todos o botamos moito en falta.

1223
01:07:19,326 --> 01:07:22,788
Pero sei que está aquí.
Está connosco en espírito.

1224
01:07:24,165 --> 01:07:25,875
E estaría moi orgulloso.

1225
01:07:27,334 --> 01:07:30,838
Entón, deixádeme darvos un conselliño.

1226
01:07:31,505 --> 01:07:32,757
Pase o que pase,

1227
01:07:33,549 --> 01:07:35,384
lévevos a onde vos leve a vida,

1228
01:07:35,885 --> 01:07:37,636
non renunciedes un ao outro.

1229
01:07:37,636 --> 01:07:39,513
Non renunciedes ao voso amor.

1230
01:07:40,097 --> 01:07:42,224
E, aínda que soe sentimentaloide,

1231
01:07:43,392 --> 01:07:46,062
nunca renunciedes a ser felices xuntos.

1232
01:07:46,729 --> 01:07:47,813
Quérovos.

1233
01:07:50,357 --> 01:07:53,027
Por Emma e RJ.

1234
01:07:53,027 --> 01:07:54,737
- Saúde!
- Saúde!

1235
01:08:01,285 --> 01:08:03,579
- Si, estamos ben.
- Grazas por vir.

1236
01:08:03,579 --> 01:08:05,372
Non, para nada, a verdade.

1237
01:08:05,372 --> 01:08:09,085
Vós os dous coñeciádesvos
antes de coñecérense Emma e RJ, non?

1238
01:08:09,085 --> 01:08:11,170
Fomos á universidade xuntos.

1239
01:08:12,713 --> 01:08:15,800
Vós sodes os do vídeo
de que fala todo o mundo.

1240
01:08:16,300 --> 01:08:18,511
- Pois...
- Preferimos non contestar.

1241
01:08:18,511 --> 01:08:19,804
Si.

1242
01:08:20,471 --> 01:08:22,765
Teño que contestar. Desculpade.

1243
01:08:23,599 --> 01:08:24,433
Entón...

1244
01:08:24,433 --> 01:08:26,894
Podo levar o padre Harit un momento?

1245
01:08:26,894 --> 01:08:27,812
Para nada.

1246
01:08:30,648 --> 01:08:32,566
Ti e Will estabades agarradiños.

1247
01:08:32,566 --> 01:08:35,778
Que pasou na Praia dos Amantes?

1248
01:08:35,778 --> 01:08:37,029
Vou ao baño.

1249
01:08:37,029 --> 01:08:40,157
- Torturarémoste ata falares.
- Contaramo Will.

1250
01:08:40,741 --> 01:08:42,952
Seguimos dándolle voltas a isto.

1251
01:08:42,952 --> 01:08:44,870
Vale, entendo.

1252
01:08:44,870 --> 01:08:46,455
Intentemos non discutir.

1253
01:08:47,039 --> 01:08:48,457
Katrina, escóitame.

1254
01:08:48,457 --> 01:08:50,876
Xa sabes que non podo vivir sen ti.

1255
01:08:51,544 --> 01:08:53,504
Non, ela non o sabe.

1256
01:08:54,088 --> 01:08:55,131
Katrina.

1257
01:08:55,798 --> 01:08:59,218
Katrina, prometo compensarte.

1258
01:09:00,261 --> 01:09:01,387
Carafio.

1259
01:09:01,387 --> 01:09:02,721
Ti non o sabes.

1260
01:09:03,222 --> 01:09:04,557
Emma, cariño.

1261
01:09:05,182 --> 01:09:06,559
Ola, estás ben?

1262
01:09:06,559 --> 01:09:08,811
Si, estou ben, moi ben.

1263
01:09:08,811 --> 01:09:11,147
O ensaio foi precioso.

1264
01:09:11,147 --> 01:09:12,231
Camala superouse.

1265
01:09:12,982 --> 01:09:17,111
- Estás encarnada. Seguro que estás ben?
- Si, ben. Moi ben.

1266
01:09:17,111 --> 01:09:20,656
Vou ir para a cama cedo
porque mañá é un gran día.

1267
01:09:20,656 --> 01:09:23,492
Vale. Eu tamén marcharei cedo.

1268
01:09:23,492 --> 01:09:25,661
Vale. Vémonos mañá.

1269
01:09:34,670 --> 01:09:35,921
- Papá!
- Ola.

1270
01:09:35,921 --> 01:09:37,089
Hai que recuperar.

1271
01:09:37,089 --> 01:09:39,091
- Si, ti vas atrasado.
- Vamos.

1272
01:09:49,852 --> 01:09:51,520
Como puiden ser tan parva?

1273
01:09:53,022 --> 01:09:54,690
Xa sabes que non es parva.

1274
01:09:55,399 --> 01:09:57,151
Will faite parva.

1275
01:09:58,152 --> 01:09:59,778
Claro que oculta algo.

1276
01:10:00,446 --> 01:10:02,072
Por que me sorprende?

1277
01:10:02,072 --> 01:10:03,866
Porque querías crelo.

1278
01:10:04,450 --> 01:10:05,868
Eu tamén o quería crer.

1279
01:10:06,452 --> 01:10:07,661
Ao marchar Emma...

1280
01:10:09,830 --> 01:10:11,457
eu tamén o quería crer.

1281
01:10:12,041 --> 01:10:12,875
Eu só quería...

1282
01:10:13,876 --> 01:10:17,254
Igual non quería estar soa
o resto da miña vida.

1283
01:10:17,838 --> 01:10:20,216
Xa sei. Chama o Sexy Doogie Howser.

1284
01:10:21,425 --> 01:10:23,260
Non vou chamar a Lucas.

1285
01:10:23,260 --> 01:10:25,554
Faime caso. Ese semental novo

1286
01:10:25,554 --> 01:10:28,599
farache esquecer
a razón pola que estabas triste.

1287
01:10:30,100 --> 01:10:32,269
Janice, tes que mo prometer.

1288
01:10:32,269 --> 01:10:34,104
Non llo contes a ninguén.

1289
01:10:34,939 --> 01:10:37,942
Prométemo. Non podo defraudar a Emma.

1290
01:10:38,817 --> 01:10:41,320
Nunca o fixeches nin o farás.

1291
01:10:43,113 --> 01:10:44,156
Veña.

1292
01:10:45,532 --> 01:10:46,575
Quéroche.

1293
01:10:47,117 --> 01:10:47,952
Eu tamén.

1294
01:10:59,129 --> 01:10:59,964
Ola!

1295
01:11:00,714 --> 01:11:01,548
Mamá.

1296
01:11:02,049 --> 01:11:02,883
Em?

1297
01:11:05,844 --> 01:11:07,221
- Ola.
- Ola.

1298
01:11:07,846 --> 01:11:09,640
Que fas a pé tan tarde?

1299
01:11:10,307 --> 01:11:13,227
Podemos falar? Parecías moi triste.

1300
01:11:13,227 --> 01:11:15,437
Non, rula. Estou ben.

1301
01:11:16,188 --> 01:11:18,315
Ves? Iso é típico de ti.

1302
01:11:18,941 --> 01:11:21,944
Sempre te preocupas
polos demais e nunca por ti.

1303
01:11:22,528 --> 01:11:23,612
Non tal.

1304
01:11:23,612 --> 01:11:25,239
Mamá, si tal.

1305
01:11:25,823 --> 01:11:27,449
Lévalo facendo 20 anos.

1306
01:11:29,535 --> 01:11:31,287
Quero dicir que o entendo.

1307
01:11:31,787 --> 01:11:34,456
Eu tiña oito anos
cando papá tivo o accidente.

1308
01:11:35,833 --> 01:11:37,835
Creo que nunca valorei

1309
01:11:37,835 --> 01:11:41,463
o que te sacrificaches para coidarme.

1310
01:11:42,923 --> 01:11:44,049
Son túa nai.

1311
01:11:45,050 --> 01:11:48,721
Pero agora son adulta e teño a RJ.

1312
01:11:49,763 --> 01:11:51,640
Todo está a piques de cambiar.

1313
01:11:53,684 --> 01:11:57,146
Entón... xa non me precisas a min.

1314
01:11:57,730 --> 01:11:59,857
Si que te preciso.

1315
01:12:04,737 --> 01:12:07,865
Podes preocuparte algo menos por min

1316
01:12:07,865 --> 01:12:10,743
e preocuparte máis por ti mesma.

1317
01:12:12,494 --> 01:12:14,621
Quen che aprendeu a ser tan madura?

1318
01:12:23,130 --> 01:12:26,300
Prometín non chorar ata a voda.

1319
01:12:26,967 --> 01:12:28,969
Pero mañá, quen sabe que pasará.

1320
01:12:30,012 --> 01:12:30,846
Mamá.

1321
01:12:30,846 --> 01:12:31,972
Que?

1322
01:12:32,556 --> 01:12:33,766
Podo durmir aquí?

1323
01:12:34,558 --> 01:12:36,268
Prometes adormecer?

1324
01:12:36,852 --> 01:12:38,437
- Prometo.
- Métete aquí.

1325
01:12:59,208 --> 01:13:01,168
Séntense todos, por favor.

1326
01:13:01,168 --> 01:13:02,711
- Alá imos.
- Ata logo.

1327
01:13:06,423 --> 01:13:07,466
Entra o cortexo.

1328
01:13:26,110 --> 01:13:28,404
Damas de honra e testemuñas do noivo.

1329
01:13:40,332 --> 01:13:42,334
Luz verde para a noiva.

1330
01:13:48,048 --> 01:13:48,882
Lista?

1331
01:14:19,455 --> 01:14:20,456
Queridos irmáns,

1332
01:14:20,456 --> 01:14:24,793
estamos hoxe aquí para unir
a Emma e Richard en sagrado matrimonio.

1333
01:14:24,793 --> 01:14:28,464
O matrimonio é algo sagrado
que non se debe tomar á lixeira.

1334
01:14:29,089 --> 01:14:31,300
Se alguén cre que esta parella

1335
01:14:31,300 --> 01:14:33,594
non se debe unir en santo matrimonio,

1336
01:14:34,219 --> 01:14:36,597
que fale agora ou que cale para sempre.

1337
01:14:36,597 --> 01:14:39,099
Se o sogro é un mentireiro, tamén vale?

1338
01:14:39,099 --> 01:14:40,142
Que?

1339
01:14:41,685 --> 01:14:43,479
- Quería dicir algo?
- Non.

1340
01:14:44,188 --> 01:14:45,063
Siga.

1341
01:14:45,731 --> 01:14:47,024
Seguridade en alerta.

1342
01:14:47,608 --> 01:14:49,860
- Que lle pasa a Lana?
- Nin idea.

1343
01:14:49,860 --> 01:14:51,653
Vostede quería dicir algo?

1344
01:14:51,653 --> 01:14:53,697
- Non, estamos ben.
- Desculpe.

1345
01:14:54,865 --> 01:14:55,866
Por favor.

1346
01:14:57,576 --> 01:15:00,412
Richard, tomas a Emma por lexítima esposa?

1347
01:15:00,412 --> 01:15:03,999
Prometes querela, respectala, protexela,

1348
01:15:03,999 --> 01:15:07,753
renunciar a todas as demais
e acompañala para sempre?

1349
01:15:07,753 --> 01:15:08,962
Si, prometo.

1350
01:15:10,005 --> 01:15:13,550
Emma, tomas a Richard por lexítimo esposo?

1351
01:15:14,134 --> 01:15:18,013
Prometes querelo, respectalo, protexelo,

1352
01:15:18,013 --> 01:15:22,434
renunciar a todos os demais
e acompañalo para sempre?

1353
01:15:22,434 --> 01:15:23,644
Si, prometo.

1354
01:15:26,104 --> 01:15:27,105
Aguanta.

1355
01:15:33,695 --> 01:15:34,530
Richard,

1356
01:15:35,113 --> 01:15:38,575
coloca o anel na man esquerda
de Emma e repite comigo:

1357
01:15:39,159 --> 01:15:41,453
"Con este anel, despósote."

1358
01:15:41,453 --> 01:15:44,540
Con este anel, despósote.

1359
01:15:45,582 --> 01:15:48,585
Emma, colócalle o anel
na man esquerda de Richard

1360
01:15:48,585 --> 01:15:51,630
e repite comigo:
"Con este anel, despósote."

1361
01:15:51,630 --> 01:15:53,257
Con este anel, despósote.

1362
01:15:56,301 --> 01:15:57,261
Mamá, estás ben?

1363
01:15:58,512 --> 01:16:02,307
A nai ten unha crise.
Preparade maquillaxe para retoques.

1364
01:16:02,307 --> 01:16:03,809
Siga.

1365
01:16:04,560 --> 01:16:09,064
Polo poder que se me outorgou,
declárovos marido e muller.

1366
01:16:09,064 --> 01:16:10,399
Podes bicar a noiva.

1367
01:16:12,442 --> 01:16:13,360
Ei!

1368
01:16:15,070 --> 01:16:15,904
Ei!

1369
01:16:25,289 --> 01:16:27,249
- Ei!
- Ei!

1370
01:16:45,601 --> 01:16:47,019
Preciosa. Parabéns.

1371
01:16:47,019 --> 01:16:48,061
Grazas.

1372
01:16:48,854 --> 01:16:49,688
Ei.

1373
01:16:50,522 --> 01:16:53,150
Entón, agora xa somos da familia.

1374
01:16:53,150 --> 01:16:56,361
Emma vaise cambiar
para a despedida e eu vou axudala.

1375
01:16:58,572 --> 01:16:59,990
Moi ben feito, padre.

1376
01:16:59,990 --> 01:17:02,075
- Camala.
- Lana.

1377
01:17:02,075 --> 01:17:03,702
- Foi precioso!
- Grazas.

1378
01:17:03,702 --> 01:17:05,787
Lana, podemos falar?

1379
01:17:05,787 --> 01:17:08,457
- Vou onda os rapaces.
- Lana.

1380
01:17:10,334 --> 01:17:12,794
Que lles pasa a eses dous?

1381
01:17:13,462 --> 01:17:15,005
Non teño nin idea.

1382
01:17:15,005 --> 01:17:17,591
Deus, nunca soubeches mentir.

1383
01:17:18,884 --> 01:17:22,012
Dixo Janice se lle pasaba algo a Lana?

1384
01:17:22,596 --> 01:17:23,639
Nin palabra.

1385
01:17:23,639 --> 01:17:26,058
Iso significa que é peor do que pensas.

1386
01:17:26,975 --> 01:17:27,809
Aí veñen.

1387
01:17:37,027 --> 01:17:38,236
Ei.

1388
01:17:38,236 --> 01:17:41,239
- Moi boa viaxe, rapaces.
- Grazas por todo, papá.

1389
01:17:41,239 --> 01:17:42,324
Grazas.

1390
01:17:47,120 --> 01:17:49,206
O barco está esperando por vós.

1391
01:17:50,374 --> 01:17:51,583
Tira o ramo.

1392
01:18:13,021 --> 01:18:14,648
Vale. Acabouse.

1393
01:18:14,648 --> 01:18:15,982
Parade todos.

1394
01:18:16,566 --> 01:18:20,654
Pódesme explicar
por que estás tan cabreada?

1395
01:18:20,654 --> 01:18:23,490
E ti podes deixar de montar espectáculos?

1396
01:18:23,490 --> 01:18:25,575
Lana, dime que pasa, por favor.

1397
01:18:25,575 --> 01:18:27,035
Merézoo.

1398
01:18:27,035 --> 01:18:30,872
Merecerás,
pero non che permitirei estragar a voda.

1399
01:18:30,872 --> 01:18:33,583
A voda xa rematou, non é certo?

1400
01:18:34,167 --> 01:18:35,127
Si. Perdón.

1401
01:18:35,127 --> 01:18:37,879
Escapaches do ramo
coma se fose unha granada.

1402
01:18:37,879 --> 01:18:39,172
Non escapei tal.

1403
01:18:39,172 --> 01:18:41,508
- Mamá, si que escapaches.
- Vale.

1404
01:18:42,342 --> 01:18:43,468
Non che falo

1405
01:18:43,468 --> 01:18:46,555
porque non che deixarei
arruinarme a vida outra vez.

1406
01:18:46,555 --> 01:18:48,348
Pero o que si che vou dicir

1407
01:18:48,348 --> 01:18:52,060
é grazas por impedir
que me implique demasiado.

1408
01:18:52,060 --> 01:18:54,896
E vós xa podedes marchar.
Feliz lúa de mel.

1409
01:18:55,564 --> 01:18:57,774
- Quedamos.
- Queremos ver que pasa.

1410
01:18:57,774 --> 01:18:59,484
Non hai nada máis que ver.

1411
01:18:59,484 --> 01:19:01,319
Non mintas, Winslow, vale?

1412
01:19:01,319 --> 01:19:04,030
Coñézote desde os 18 anos. Ocultas algo.

1413
01:19:04,030 --> 01:19:06,116
Dime que pasa.

1414
01:19:06,867 --> 01:19:07,909
Voucho dicir.

1415
01:19:07,909 --> 01:19:10,620
Cando estabamos na Praia dos Amantes,

1416
01:19:10,620 --> 01:19:13,248
non me pediches unha segunda oportunidade?

1417
01:19:13,248 --> 01:19:16,334
Non dixeches
que nunca deixaras de quererme?

1418
01:19:16,918 --> 01:19:18,420
Dixen. E era certo.

1419
01:19:18,420 --> 01:19:21,214
Oínte falar por teléfono onte á noite

1420
01:19:21,214 --> 01:19:25,719
e aposto a que é a mesma persoa
que te chamaba seguido desde que chegamos.

1421
01:19:25,719 --> 01:19:27,012
- E que?
- E que?

1422
01:19:27,012 --> 01:19:29,765
Volverás fuxir, pero non ás agachadas.

1423
01:19:29,765 --> 01:19:32,851
Quen é Katrina?
A muller sen a que non podes vivir?

1424
01:19:32,851 --> 01:19:33,852
Desculpen.

1425
01:19:35,187 --> 01:19:36,313
Eu son Katrina.

1426
01:19:38,231 --> 01:19:40,358
Vostede é... Vostede é Katrina?

1427
01:19:40,942 --> 01:19:44,279
Esta é Katrina Kovalenko,
a miña asistenta persoal.

1428
01:19:44,863 --> 01:19:48,033
Leva 20 anos comigo
e ameaza decote con marchar

1429
01:19:48,033 --> 01:19:52,954
por cousas coma ter que coller un avión
a un sitio remoto avisando o día antes.

1430
01:19:52,954 --> 01:19:55,332
- Merezo subida.
- Xa falaremos diso.

1431
01:19:56,208 --> 01:19:59,878
Entón, era a túa asistenta
quen te chamaba seguido?

1432
01:19:59,878 --> 01:20:01,880
E non é a túa moza?

1433
01:20:02,464 --> 01:20:03,298
Por favor.

1434
01:20:03,882 --> 01:20:05,091
Demasiado fraco.

1435
01:20:05,091 --> 01:20:07,010
Por que a mandaches vir?

1436
01:20:07,010 --> 01:20:09,888
Porque temía que te namorases dese doutor.

1437
01:20:10,472 --> 01:20:12,933
Lucas? Estabas celoso de Lucas?

1438
01:20:12,933 --> 01:20:14,309
Si, estaba celoso.

1439
01:20:14,309 --> 01:20:17,354
Díxenlle que collese un avión
para traerme isto.

1440
01:20:20,941 --> 01:20:23,610
Merqueicho cando tiñamos 22 anos.

1441
01:20:23,610 --> 01:20:26,154
Polo que sexa, gardeino todo este tempo,

1442
01:20:26,154 --> 01:20:29,366
pensando que non te volvería ver.
Pero aquí estamos.

1443
01:20:29,866 --> 01:20:30,992
Entón, que dis?

1444
01:20:34,704 --> 01:20:36,581
Queres casar comigo por fin?

1445
01:20:38,959 --> 01:20:39,876
Non podo.

1446
01:20:40,877 --> 01:20:41,711
Mamá.

1447
01:20:41,711 --> 01:20:44,130
Podes tal. Pénsao.

1448
01:20:45,674 --> 01:20:46,633
Xa o pensei.

1449
01:20:46,633 --> 01:20:49,302
Lana, para. Lana.

1450
01:20:50,011 --> 01:20:52,389
E o de non renunciar a ser felices, que?

1451
01:20:52,973 --> 01:20:55,225
Non o merezo. E non te merezo.

1452
01:20:55,809 --> 01:20:57,727
Como que non me mereces?

1453
01:20:57,727 --> 01:21:00,313
Non confiei en ti e logo estraguei todo

1454
01:21:00,313 --> 01:21:01,398
porque son parva.

1455
01:21:01,398 --> 01:21:03,441
Non, escoita.

1456
01:21:03,441 --> 01:21:06,820
A vida é complicada,
porque ninguén é perfecto,

1457
01:21:06,820 --> 01:21:09,906
nós tampouco,
pero somos perfectos un para o outro.

1458
01:21:10,699 --> 01:21:13,451
Non ves que somos perfectos
un para o outro?

1459
01:21:14,411 --> 01:21:15,579
Que dis, logo?

1460
01:21:17,414 --> 01:21:18,248
De que?

1461
01:21:18,832 --> 01:21:20,792
Polo amor de Deus, muller!

1462
01:21:22,460 --> 01:21:24,921
Queres casar comigo ou non?

1463
01:21:25,589 --> 01:21:26,715
Si.

1464
01:21:27,299 --> 01:21:29,759
Que quero casar, non que non quero.

1465
01:21:29,759 --> 01:21:32,053
Non que non quero, senón que si.

1466
01:21:32,053 --> 01:21:32,971
Ven aquí.

1467
01:21:59,372 --> 01:22:00,582
Veña!

1468
01:28:27,260 --> 01:28:32,265
Subtítulos: Manuel Puga Moruxa



